CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Semana de Educación Vial

Nos días 27 a 30 de marzo celebramos unha nova edición da SEMANA DE EDUCACIÓN VIAL no Caselles.

Unha vez máis tivemos unha ocasión fantástica para que os alumnos e as alumnas do cole collan conciencia da importancia do conxunto de medidas para acadar a mellor seguridade na convivencia na rúa, xa como peóns, como usuarios de bicis, patinetes ou no futuro, os coches. Esta é unha tarefa continuada, para acadar unhas xeracións máis responsables e cívicas no uso das vías públicas. Aquí unha mostra do que aprenderon e disfrutaron nestes días:

 

Visítanos Mónica Rodríguez

O alumnado de 6° recibimos hoxe a visita de Mónica Rodríguez, a escritora do libro que estivemos lendo este trimestre: Alma y la isla.

Con ela compartimos fermosas historias e gusto pola lectura.

Gústame o Meu Río: primeira saída ao Rio da Pedra

O 14 de marzo '23 o equipo de 6º realizou a primeira saída ao río, logo da charla que recibiran no colexio.

Durante toda a mañán traballaron en catro mesas técnicas: análise físico-química, análise dos macroinvertebrados presentes, exame da fauna e flora da ribeira do río, e experiencia de tratamento de augas residuais. Unha abordaxe completa para coñecer o río! E demostramos que ten unha saúde de ferro.

EXCURSIÓN 1º CICLO - AS ACEÑAS, TAMUXE, PARQUE DE PÍAS

Como remate de fin de trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizamos o pasado mércores 30 de marzo unha visita ao muñíño das Aceñas; onde observaron os animais propios da zona na aula de natureza que hai alí mesmo). A continuación, levaron a cabo a andaina dende alí ata ao parque de Pías; onde xogaron moito e merendaron.

Un merecido día de descanso e desfrute do tempo cos compañeiros e compañeiras.

Facede clic na imaxe para ver algunhas fotos desta saída.

GÚSTAME O MEU RÍO I

Hoxe o alumnado de 6º participou na primeira sesión teórica do programa "Me gusta mi río" levada a cabo pola confederación hidrográfica Miño-Sil.

Nas próximas sesións, farán visitas ao río da Pedra onde se converterán en investigadores para estudar a auga, a flora e a fauna.

O programa conta con clases teóricas, saídas, obradoiros, almorzos e rematará cunha visita ao nacemento do río Miño, onde convivirán e intercambiarán experiencias con nenos e nenas doutros lugares de Galicia.

 

 

Promoción de ciclismo

Un día diferente: con bicis polo patio.

Unha das habilidades necesarias para todos os nenos e nenas debe ser a de andar en bici. 

Isto representa unha destreza motórica fantástica, e abre posibilidades infinitas á mobilidade sustentable.

Así, o noso alumnado de 5º, tivo oportunidade de vivir a experiencia da bicicleta no propio centro educativo. 

Algúns demostraron as súas habilidades xa adquiridas, outros poideron progresar na nosa sesión, e algún, incluso, deu os seus "primeiros pasos" con éxito na bici.

ENTROIDO 2023

Entroido por todo o alto no Caselles. Se queredes ver tódalas fotos, premede na imaxe.

Os artensáns, en ringleira, desfilaron ata a praza do Seixo. Pastores, cesteiros, panadeiros, teceláns, apicultores e praceiros do mercado. Diante do concello cantamos as nosas coplas, como non se escoitaron ven, aquí as tedes. Como remate chocolate quente e recreo!

 

 

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro desfilaremos polas rúas de Tomiño cos nosos oficios Artesáns.

Sairemos sobre as 11:00 h. do centro, desfilaremos ata o fondo da rúa Gondomar (Supermercado Día) e logo pola rúa Guarda ata a plaza do Seixo.

No Seixo recitaremos unhas  rimas de entroido, quitaremos unha foto, para regresar ao centro sobre as 12:00 h.

Os pais nais poderedes acompañarnos polas rúas de Tomiño, ata o recinto do centro.

Recordade que luns 20, martes 21 e mércores 22 non temos clase.

Regresamos o xoves 23 de febreiro con todas as actividades do Día de Rosalía.

Bo entroido!

 

VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

5º de primaria foi de visita a Santiago. Foi unha viaxe longa e intensa, na que aproveitamos cada minuto de tempo. 

Saímos ben cediño, as 8.00, para chegar ao Parlamento onde nos explicaron o seu funcionamento e visitamos as súas dependencias.

Despois, nunha longa andaina, chegamos ao museo do pobo galego. Alí gozamos dos traballos dos nosos antergos, soubemos da súa maneira de vivir, traballar e festexar.

Logo dunha paradiña para xantar, visitamos a catedral e as rúas e prazas que a rodean.

Rematamos a xornada en Santiago no MUPEGA, o Museo Pedagóxico Galego, onde aprendemos como evolucionaron a educación e as escolas ao longo da historia.

Na volta, aínda tivemos tempo de facer unha paradiña en Caldas de Reis para ver a súa fonte termal e xogar un pouquiño.

Se queredes ver tódalas fotos da xornada, premede na imaxe de abaixo.

ACTO POLA PAZ

No día 30 de xaneiro de cada ano, o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán, celebra o Día Escolar da Paz e da non Violencia. Este ano decidimos facer corazóns pola paz, pola paz en Ucraína, pola paz en Etiopía, pola paz en Siria, pola paz en Afganistán, pola paz en Palestina e pola paz en Iemen.

Ningún ser humano debería vivir unha guerra, os que máis sofren son sempre os mesmos, os máis probes, os máis débiles... Moitos nenos e nenas están vivindo situacións que van máis aló dun pesadelo, por eles, por todos, hoxe no Pedro Caselles, os nosos corazóns estiveron con eles.

Para ver tódalas imaxes, preme na foto.

Distribuir contido