CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Deporte na escola

Promoción de ciclismo

Un día diferente: con bicis polo patio.

Unha das habilidades necesarias para todos os nenos e nenas debe ser a de andar en bici. 

Isto representa unha destreza motórica fantástica, e abre posibilidades infinitas á mobilidade sustentable.

Así, o noso alumnado de 5º, tivo oportunidade de vivir a experiencia da bicicleta no propio centro educativo. 

Algúns demostraron as súas habilidades xa adquiridas, outros poideron progresar na nosa sesión, e algún, incluso, deu os seus "primeiros pasos" con éxito na bici.

Xogo de orientación

Para celebrar as vacacións de Semana Santa, no colexio organizamos unha carreira de orientación por equipos.

Participaron todos os alumnos e alumnas, de sexto a primeiro. 

E todos o fixeron moi ben!

 

Competimos na final provincial de campo a través

Algúns alumnos do noso colexio clasificáronse para competir na final provincial de Campo a través que se vai celebrar en Chandebrito (Nigrán) o vindeiro domingo, 10 de febreiro.

Trátase do benxamín Ezequiel Rodríguez, de 4º, o alevín Fernando Martínez, de 5º, o infantil Christofer Pérez, de 6º, e o equipo alevín feminino formado por Laura Araújo, Rocío Calzado, Sofía Vaz e Desiré Gómez.

O domingo terán o premio por ser todos eles dos mellores corredores nas súas categorías na carreira que se celebrara en Salvaterra o 19 de xaneiro.

Moita sorte.O noso equipo alevín feminino a piques de saír

Distribuir contido