CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

6º Curso

Visítanos Mónica Rodríguez

O alumnado de 6° recibimos hoxe a visita de Mónica Rodríguez, a escritora do libro que estivemos lendo este trimestre: Alma y la isla.

Con ela compartimos fermosas historias e gusto pola lectura.

Gústame o Meu Río: primeira saída ao Rio da Pedra

O 14 de marzo '23 o equipo de 6º realizou a primeira saída ao río, logo da charla que recibiran no colexio.

Durante toda a mañán traballaron en catro mesas técnicas: análise físico-química, análise dos macroinvertebrados presentes, exame da fauna e flora da ribeira do río, e experiencia de tratamento de augas residuais. Unha abordaxe completa para coñecer o río! E demostramos que ten unha saúde de ferro.

GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2014/2020

O 15 de marzo de 2020 é un día que custará esquecer. A partir dese día todos nos vimos confinados nas nosas casas polo que pensamos que serían uns días, pero pasaron a ser meses. Moito se sacrificou neses días, todos fomos heroes a nosa maneira, todos perdemos moito e fixemos un gran esforzo polo ben común.

Esta pequena entrada é para recordar aos nosos alumnos e alumnas que cursaban sexto nesas datas. No CEP Pedro Caselles estivemos agardando para ver se era posible que con un ano de diferencia puideran ter o seu Turonia e a súa graduación, pero a epidemia pegou forte e os protocolos decretados pola Xunta non nos permitiron facelo.

Por iso o día 30 de xuño de 2021 decidimos facer un pequeno acto simbólico de graduación para eles, un acto sen público pero con todo o amor do mundo.

Para ver as fotos, preme na imaxe.

 

PLENO DO DÍA DA INFANCIA

Hoxe celebrouse no concello de Tomiño un pleno moi especial. Nenas e nenos de tódolos colexios do concello asistiron a un pleno infantil para conmemorar o día da Infancia. Cada participante deste singular pleno leu un dos artigos establecidos na Convención sobre os dereitos dos nenos, da que se cumpren 25 anos. O CEP Pedro Caselles estivo representado por nenas e nenos de 6º curso.

 

PROXECTO RÍOS 2015/2016

 

Esta mañá os alumnos e alumnas de 6º A fixeron un traballo de limpeza xenial.  Retiraron 15 Kg de lixo: plásticos, latas, restos de material de construcción...do río Pego.

Esta limpeza entra dentro do "Proxecto Ríos" no que participa o CEP Pedro Caselles con varias actividades. 

Esta actividade forma parte da "VIII Limpeza Simultánea, Móllate polos Ríos", na que participaron de forma simultánea entidades de toda Galicia. Para informarte máis preme AQUÍ


Entre todos imos ter uns ríos máis limpos!

 

SAÍDA DIDÁCTICA DE 6º A SANTIAGO

Este venres os alumnos de 6º curso realizaron unha saída didáctica a Santiago de Compostela co seguinte itinerario:

  •   Parlamento de Galicia.
  •   Museo do Pobo Galego.
  •   Catedral.
  •   MUPEGA
  •    Augas termais en Caldas de Reis

Ademais de aprender moito, pasámolo pipa!

 

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DE 6º

SAÍDA  DIDÁCTICA  A  SANTIAGO  DE  COMPOSTELA  DE  6º 

 

Os alumnos de 6º curso realizarán unha saída didáctica a Santiago de Compostela. A continuación detallamos o día, horario e itinerario a seguir:

Día: Venres 28 de novembro de 2014. 

Horario: Saída ás 8:00 da mañá do colexio; chegada: entre as 20:00 e 21:00 da tarde.

Itinerario:

   - 8:00 Saída do colexio.

   - 10:00 Visita ao Parlamento de Galicia. Duración: 1h 30 min (con guía).

   - 12:30 Museo do Pobo Galego. Duración: 1h .

   - 13:30 Visita á catedral.

   - 16:00 MUPEGA. Duración: 1h (con guía).

   - 17:30 Saída de Santiago.

   - 18:00 Visita augas termais en Caldas de Reis e merenda.

   - 20:00-21:00 Hora de chegada aproximada.

 

 

6º visita a “Exposición Tomiño Romano”

O alumnado de 6º nivel visitou a "Exposición Tomiño Romano". Ao logo de toda mañá estiveron na casa da cultura vendo todo o material exposto e facendo as actividades que alí tiñan para eles. Tanto os nenos e nenas como  mestras viñeron encantados.

 

PROXECTOS SOBRE MÁQUINAS

Os nenos e nenas de 6º B estivemos facendo un proxecto sobre as máquinas. Aqui tedes un video no que vos falamos delas.

 

A crónica en imaxes da plantación 2010

1.-  Imos á parcela de O Xibao, perto do noso colexio 

 

2.- Hai que poñer un calzado axeitado

 

3.-  Primeiro nos organizamos

 

4.- Cada un colle o material necesario

 

5.- Mans á obra! Hai que facer moitos buracos

 

6.-  Tamén hai que prepararse para a choiva

 

7.- Isto parecía máis fácil

 

E8.- E seguimos plantando. Hai 100 árbores!

 

9.- Tamén hai que medir as árbores doutros anos

 

10.-  Toda a información é minuciosamente rexistrada.

 

11.- Ás veces aparecen pedras... como na escavación!

 

12.- Un pouquiño de esterco para que medren ben

 

13.- Hora da choiva... e da merenda!

 

14.- Cando escampa, seguimos traballando

 

15.-  Tamén se precisan podas de corrección 

 

16.- Facendo inventario

 

17.- Algunhas árbores queren un mimo especial

 

18.-  Hora de regar!

 

19.- Facemos unha cadea humana

 

20.- Para que a auga chegue a tódalas novas plantas

 

21.-  Toca recoller o cuberto

 

22.- E tamén o lixo. Non pode quedar nada no monte

 

23.- E por fin rematamos un bo traballo de equipo. Ata a próxima visita!

Distribuir contido