O 15 de marzo de 2020 é un día que custará esquecer. A partir dese día todos nos vimos confinados nas nosas casas polo que pensamos que serían uns días, pero pasaron a ser meses. Moito se sacrificou neses días, todos fomos heroes a nosa maneira, todos perdemos moito e fixemos un gran esforzo polo ben común.
Esta pequena entrada é para recordar aos nosos alumnos e alumnas que cursaban sexto nesas datas. No CEP Pedro Caselles estivemos agardando para ver se era posible que con un ano de diferencia puideran ter o seu Turonia e a súa graduación, pero a epidemia pegou forte e os protocolos decretados pola Xunta non nos permitiron facelo.
Por iso o día 30 de xuño de 2021 decidimos facer un pequeno acto simbólico de graduación para eles, un acto sen público pero con todo o amor do mundo.
Para ver as fotos, preme na imaxe.