CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

PLENO DO DÍA DA INFANCIA

Hoxe celebrouse no concello de Tomiño un pleno moi especial. Nenas e nenos de tódolos colexios do concello asistiron a un pleno infantil para conmemorar o día da Infancia. Cada participante deste singular pleno leu un dos artigos establecidos na Convención sobre os dereitos dos nenos, da que se cumpren 25 anos. O CEP Pedro Caselles estivo representado por nenas e nenos de 6º curso.