CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

As nenas e nenos de 5º curso foron de visita ao museo de Pontevedra. Antes de entrar demos unha voltiña pola cidade, pola parte vella. E despois xa comezamos coa visita guiada, a nosa guía, María, estivo explicándonos algunhas cousiñas da nosa prehistoria. Aprendemos moito e vimos gran cantidade de restos arqueolóxicos da nosa prehistoria conservados no museo. 

Se queredes ver máis fotos premede na imaxe.

Samaín 2022

Como xa é tradición no Caselles, hoxe celebramos o día dos mortos, o Samaín. Como cada ano as familias e os nenos e nenas colaboraron coas súas cabazas, houbo de tódalas cores e para tódolos gustos. Tampouco podían faltar os disfraces, daba medo velos!

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Relatos para Samáin

Temos uns audios moi terroríficos,  para escoitar a noite do 31 de outubro... ou cando queirades. 

Poñede atención!

A Casa de Medo, de Brais Sousa. 6º
 Unha pantasma boa, de Dora- 4º
 O campamento dos espíritus, de Leila, 6º
 A pantasma sen rostro, de Eric, 3º
 A noite de Martina, de María, 5º
 A avoa Concha, de Naia, 5º
 A cabaza maldita,de Nerea, 6º
 O barco pantasma, Pablo 4º
O portal do inferno Samuel 3º
 Historias do meu bisavó,Sara 3º
 O científico loco, Uxía 4º

 O home  musgo, Víctor, 5º

 

 

 

VISITAMOS TUI

Hoxe as nenas e nenos de 5º curso fomos de visita educativa a Tui. Estivemos percorrendo a súa parte antiga. Miramos algúns restos do barrio xudeu, a sinagoga e a botica; despois fomos ao convento das Clarisas, atravesamos túneis, vimos restos da antiga muralla... e rematamos na catedral.

Alí estábanos esperando Ana, que sabe moitísimo da catedral de Tui. Falounos dos escudos que hai repartidos por toda a catedral, que representaba cada un, tamén nos contou cousas de moitos personaxes da Idade Media, de como vivían, de como traballaban... en fin, foi un día diferente, no que aprendemos moito, e, ademais, pasámolo moi ben.Para ver máis fotos, preme na imaxe.

 

FESTA DO OUTONO E MAGOSTO 2022

Por fin unhas festas do outono sen máscaras, sen separacións, sen medidas COVID... De novo todos xuntos, gozando, animando e co tempo da nosa parte. Un día perfecto!

Empezamos coas carreiras do outono, por cursos, carreiras no que o que importa é participar, e participaron todos.

Despois un gran recreo e a continuación os xogos populares. No patio formáronse equipos con nenos e nenas de diferentes cursos: oleiros, cesteiros, zoqueiros, ourives, curtidores, ferreiros, telleiros... que foron rotando polos recunchos de xogos populares: catro esquinas, mariola, carreira de sacos, buxainas, marro, zancos, brilé, ra, ferradura, chave e corda. Ao mesmo tempo outro grupo facía as fogueiras e asaba as castañas, que como remate de xornada, degustamos xuntos.

Tódalas actividades tiveron como monitores ao alumnado de sexto curso. As fotos tamén foron tiradas por elas. Se as queredes ver, premede na imaxe.

 

MÓLLATE POLOS RÍOS-XV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

As nenas e nenos de 5º curso fomos este luns a percorrer as marxes do río Pego ao seu paso polo Xibao. Fomos ben preparados para recoller todo o lixo nunha actividade organizada por ADEGA e o Concello de Tomiño. Tivemos algunhas dificultades para acceder a algunhas zonas porque había demasiado mato, pero taméen comprobamos que neses lugares case non había lixo.

Ao final, coa axuda de dúas mozas, conseguimos recoller seis bolsas de lixo.

Para ver máis fotos, premer na imaxe.

Reunións coas familias

Calendario escolar 2022-2023

FESTIVAL FIN DE CURSO 2022

E por fin, despois de dous anos de parada e restricións, por fin temos o noso Festival de Fin de Curso con relativa normalidade. A piques estivo a chuvia de estragarnos a tan cobizada normalidade, pero ao fin deunos unha tregua  e as cousas saíron a pedir de boca.

Moita alegría, moito sorriso, moita música e moita festa. Se queredes ver tódalas fotos, premede na imaxe.

 

Vacacións de verán!

Estamos de vacacións!

Este verán hai que desconectar do cole, e aproveitalo moito disfrutando do calor, xuntándose cos amigos e amigas. E tamén participando en distintas actividade, ás que vos animamos.

Poñémosvos aquí  enlaces para apuntarvos a distintas actividades.    Bo verán!   Verémonos de novo o 8 de setembro.

 

 

 

 

Distribuir contido