CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

FESTA DO OUTONO E MAGOSTO 2021

Por primeira vez, despois de dous anos, tivemos unha celebración con tintes de normalidade. Faltounos a presenza e o calor das familias, e os diferentes niveis non se puideron mesturar, pero aínda así, a nosa festa do outono, xa nos recordou a outras épocas, na que o coronavirus non controlaba a nosa existencia.

Empezamos a primeira hora coas carreiras por niveis. Todos os nenos e nenas do Caselles  fixeron a súa carreira na medida das súas posibilidades e gozando ao máximo. 

Rematada a carreira, e despois dun pequeno recreo, comezaron os xogos populares: marro, soga-tira, carreira de sacos, a ferradura, a ra, brilé, buxainas, mariola, chave, as catro esquinas e zancos. Todos estes xogos estiveron controlados por uns monitores e monitoras moi especiais, as nenas e nenos de sexto curso. Ao mesmo tempo outro grupiño estivo facendo as fogueiras e asando as castañas. Temos que felicitar o bo facer e o alto nivel de competencia destes axudantes.

E xa como remate de xornada, degustación das castañas asadas. Estaban boísimas!!!

O dito, non foi normalidade, pero parecíase bastante.

Para ver as fotos da xornada, preme AQUÍ

 

Gran inauguración da Biblioteca escolar o luns 25 de outubro

                                                                                                     

Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, o domingo 24 de outubro, o vindeiro luns 25 terá lugar a inauguración da biblioteca escolar para o presente curso, 2021/2022. 

Por este motivo, todo o alumnado e profesorado do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán está convivado á estrea da película "Uncas, a historia do planeta que vive no Caselles". Como entrada para este evento, empregarase o carné da biblioteca escolar.

 

 

Aprendo a facer...

No Caselles aprendemos facendo, pois como citaba Rudolf Steiner:

“Cando un neno pode relacionar o que aprende coas súas experiencias, o seu interese vital esperta, a súa memoria actívase e o aprendido vólvese de seu”

Apertura da biblioteca pola tarde

A partir do luns, 4 de outubro, abrirase a biblioteca polas tardes, con horario de 16:00 a 18:00 h. Para utilizala hai que solicitar previamente autorización (agás os que esa tarde teñan actividade por quendas).

Haberá soamente 16 prazas diarias, polo que dende o colexio aplicaremos un baremo de selección diaria en función da demanda.

As normas e os criterios de admisión podedes velas no documento adxunto.

O CASELLES VAI Á VENDIMA!!!

 As adegas Altos de Torona invitáronnos a compartir a súa vendima, e foi unha oportunidade que non quixemos desperdiciar. Nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º curso, aproveitando a proximidade dos viñedos ao noso colexio, fomos dando un paseíño. O alumnado 3º e 4º foron e volveron andando, 1º e 2º só baixou, custou subir a costa, pero despois gozamos das marabillosas vistas do seu  miradoiro. 

Recibíronnos unhas mozas moi atentas que lle regalaron unhas camisetas a cada neno e nena, que de seguido estrearon. Despois explicáronnos cousas moi importantes e moi interesantes sobre as uvas e a vendima. E xa como remate, todos a vendimar!!!

Foi unha experiencia moi educativa e enriquecedora, e dende o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán queremos agradecer as adegas Altos de Torona a invitación e o trato recibido. Esperamos repetir o ano que ven. Moitas grazas!

Para ver as fotos, preme AQUÍ.

 

FESTA FIN DE CURSO

Xa chegou o remate do curso!

Foi un curso especial e diferente por mor da COVID-19!

Pero a pesar de todo isto, saímos adiante e superamos as adversidades e o alumnado do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN esforzáronse e superánronse con todas as novidades que dita situación conlevou: uso de tapabocas e xel, respectar as distancias, os grupos-burbullas....

Uns auténticos campeóns!

Coa situación da COVID cunha certa estabilidade celebrouse o tradicional festival de despedida do curso. A continuación deixamos fotos e videos coas diferentes e variadas actuacións na que participaron todos os cursos do colexio pero os grans protagonistas foron os alumnos e alumnas de 6º de primaria que nos deixan unha pegada polo seu paso no noso centro.

Moita sorte na vosa andaina polo instituto!

Para ver as fotos do festival preme na imaxe

 

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2021 - PECHE SEMANA CULTURAL

Coas condicións meteorolóxicas favorables rematamos a semana cultural coa celebración do Festival das Letras galegas.

Os protagonistas e o peso leváronno os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria pero houbo distintas participacións doutros cursos, dando como resultado a unha variedade de actuacións. Dende unha dramatización relacionada coa temática do cole (E-COMEDOR), presentación e recitado adicado á escritora homenaxeada polas Letras Galegas: Xela Arias e, por último, homenaxe a nosa cultura e a nosa contorno.

Ademais  entregouselles un diploma aos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria como recompensa ao seu traballo e esfrozo adicado ao roteiro do día do Libro.

Aquí tedes os videos destas fermosas actuacións que, a pesar dalgúns problemas técnicos de son, os nenos e nenas realizaron espléndidamente.

 

 

Rotamos! Roteiro de libros

Por fin puidemos celebrar o día do libro tal e como agardabamos! Ao aire libre desfrutando dun roteiro cheo de libros e actividades. Roteiro organizado grazas aos rapaces e rapazas de quinto e sexto curso que xunto cas profesoras do equipo da biblio crearon un circuito configurado por seis estacións que atañen diferentes temáticas en relación aos libros da nosa biblioteca:

-Chefs Caselles (cociña)

-Plantas con flor(Kamishibai) 

-Vaia conto! (contos clásicos) 

-Monicreques (obradoiro de marionetas)

-Titiriteiros (expresión oral)

-Outras linguas (lingua de signos-alfabeto dactilolóxico)

En cada unha das estacións nomeadas levouse a cabo unha curta actividade de dinamización que rematou cun agasallo final. Como foi unha xornada moi dinámica, subiremos nos próximos días máis artigos para que non perdades detalles. Clica nesta imaxe para ver tódalas fotos.

 

 

 

Galería Ecoarte

Como o prometido é débeda, aquí tedes o museo virtual no cal podedes gozar das obras feitas polos diferentes cursos do centro e ofertada polas voluntarias e voluntarios da biblioteca.

 

 

 

 Así mesmo, neste link podedes atopar tódalas fotos que resumen o traballo destes alumnos e alumnas.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1IRe1wJz5c-eAHg8Qq7lekd2Dqr6-S975?usp=sharing

Distribuir contido