CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

CROSS DE OUTONO E MAGOSTO 2020

Este venres celebramos o noso magosto, co xa tradicional cross de outono. Non puidemos ter a festa coma tódolos anos, coas nosas fogueiras e xogos populares, pero aínda asítivemos o cross e comemos castañas.

As carreiras foron por cursos, con máscaras e sempre mantendo as distancias. Tampouco puidemos xuntarnos cos compañeiros e compañeiras doutros cursos, pero dende a distancia estivemos animando.

Despois no recreo comemos as castañas, que nesta ocasión, as asou Diego, o noso cociñeiro no forno.

Para ver tódalas fotos, preme na imaxe

SAMAÍN/HALLOWEEN 2020

Este vai ser un Samaín inusual, a COVID-19 é a culpable. Renunciamos a xa tradicional exposición de cabazas, pero non ao terrorífico mural feito por nenas e nenos de tódolos cursos, este ano cheo de caveiras de tódalas cores e formas.

Pasaremos a sacar a tradicional foto por grupos diante do cadavérico mural e logo veremos o vídeo feito con tódalas historias de medo coas que colaboraron as familias.

 

Inicio de curso 20/21

 INICIO CURSO

Estimadas familias:

Este curso escolar, como xa
sabedes, está cheo de novidades pola nova situación que estamos vivindo pola
pandemia do COVID-19.

En primeiro lugar
tranquilizarvos, xa que dende o centro se están tomando todas as medidas
necesarias para minimizar os riscos de contaxio (hixiene, organización...)

En todo momento estaredes
informados do protocolo existente, que estará colgado na páxina web do centro,
e dos cambios que se poidan producir debido á evolución da situación.

PRINCIPALES
CAMBIOS

ACCESO AO CENTRO

Os pais/nais/titores legais,
non poderán acceder ao centro por norma xeral. Toda comunicación co mesmo, será
a través de correo electrónico, chamada telefónica... (incluso as titorías cos
mestres priorizaranse de xeito telemático ou telefónico).

 Se chegades tarde, deixaredes ao alumno/a na
porta de acceso, e este entrará para o centro.

Se tedes que recollelo antes
do final da xornada, previa chamada ao centro, poderedes entrar a secretaría a
recoller ao neno/a.

Para recoller ao alumnado ao
final da xornada, para os que non se quedan ao comedor, teredes que esperalos
na verxa exterior do recinto do cole, e os mestres que os entregan darán a
volta ao edificio administrativo para ver aos pais e facer entrega dos
nenos/as.

A
principio de curso para traer o material escolar podedes mandarllo aos nenos/as
aos poucos.


MODELO AUTODECLARACIÓN

Cubriredes o Modelo de
declaración responsable que se vos adxunta, no que vos comprometedes a non
enviar ao alumno/a se presentara calquera tipo de síntoma compatible coa
COVID19 (e tomar a temperatura antes do inicio da xornada, a cal non pode
superar 37,5ºc).

MEDIDAS NAS AULAS

Material individual e
etiquetado.

Se hai necesidade de compartir
algún, este será desinfectado.

Uso de máscara.

Limpeza das mesas e material.

Ventilación.

Hixiene de mans a entradas e
saídas así como noutros momentos da xornada escolar.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Non haberá actividades
extraescolares nin deporte escolar á espera da evolución da pandemia.

A biblioteca do centro, non
abrirá polas tardes ata o 1 de outubro. A partir desa data, só permitiremos un
aforo máximo de 10 nenos/as. Para poder facer uso deste servicio, haberá que
solicitalo cun día de antelación chamando a secretaría. En caso de superar ese
aforo, quedará fóra o alumno/a que máis días do curso leva acumulados fixera uso
da mesma. En caso de empate priorizaranse os cursos baixos e por último a orde
de presentación da solicitude.

"RIÑONERA"

Cada alumno/a terá que traer
ao colexio unha "riñonera" cun bote de xel hidroalcohólico, unha
máscara de reposto e un paquete de panos desbotables.

TRASPORTE ESCOLAR E COMEDOR


El misterio del autobús verde

O trasporte escolar seguirá
funcionando con todas as medidas de prevención: subir ordeadamente, sentarse
sempre na mesma praza e levar sempre a máscara. Non se poderá facer uso de
autobuses diferentes.

O comedor escolar usará
bandexas individuais con tapa, estarán separados por mamparas de policarbonato
e agrupados por clase.

ABALAR MOBIL

Sería convinte que todas as
familias tiverades activado o Abalar Mobil para recibir notificiacións, e
intentar reducir dende o centro as notas impresas.

O documento Plan de adaptación á situación COVID 19 no
curso 2020/2021
estará sempre actualizado na páxina web do cole e debedes
coñecelo xa que nel se contemplan todos os aspectos relacionados coa
seguridade.

Festivo


O luns 14 é festivo en Tomiñoi polo que non haberá clase.

FOLGA

O xoves 10 de setembro hai convocada unha folga de docentes. Dende o centro garantizase os servizos mínimos.


Atentamente o Equipo Directivo


"FIN DE CURSO 2019/2020"

Queridos nenos e nenas do Pedro Caselles:

Esta mensaxe é de parte de todo o profeorado do voso cole. Sabemos que este final de curso foi moi difícil para vós. Moitos recreos sen compartir, historias sen contar, excursións sen facer, festivais que non houbo, pero entre todos e todas fomos capaces...

Para os mestres e mestras tamén foi difícil, pero coa vosa axuda, implicación e colaboración puidemos levar o curso adiante. Queremos tamén agradecer ás vosas familias a súa participación incansable, e o seu apoio.

 

Aquí vai o noso agasallo!

 

BO VERÁN

DESPEDÍMONOS

Bo día!

Dende a biblioteca queremos despedirnos ata o vindeiro curso. Pero antes queriámonosvos agradecer a todos, alumnos, familias e profes, a vosa implicación e participación en todas as actividades.

Debido a estas circunstancias excepcionais quedaron moitas actividades no tinteiro, pero prometémosvos que as retomaremos, con máis ganas que nunca, en Setembro.

Para poñer o broche de ouro a este particular curso, deixámosvos un magnífico vídeo realizado por Carla de sexto xunta a súa irmá María, de segundo, a proposta da profe de música. Trátase dunha versión dun preguntoiro musical adaptado por elas mesmas, a través do cal, coñeceredes, un pouco máis a figura de Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Este é só un exemplo das marabillosas actividades que realizastes, dende os vosos fogares, durante este período.

E xa por último, propoñervos de cara ó verán, que vos sumerxades na lectura dun bo libro, a través deles faredes viaxes incribles.

Esperámosvos en Setembro!!

Radio Uncas na casa 5

Bos días a todas e todos! Como cada luns aquí vos traemos un novo programa de Radio Uncas na casa. Neste caso o alumnado de 4ºB presenta un programa cargadiño de cousas co que despediremos a radio ata o curso que ven. Moitísimas grazas a todos os participantes e locutores/as e tamén a todas e todos os oíntes, agardamos que disfrutárades destes fantásticos programas. Bo verán!
 
 
 
 
Alumnado de 4ºB
"Miña casiña meu lar"
 
 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días! O domingo celebramos o Día das Letras Galegas e por iso hoxe queremos compartir con todas e todos vós este vídeo no que se recollen as palabras que máis nos gustan en galego. Presumamos de lingua!

         

Memoria Voz Natura 2020

Este foi un curso moi especial, un curso truncado, o confinamento diexounos sen moitas das nosas actividades identitarias, pero aínda así aquí podedes ver todo o traballo que se fixo para o programa Voz Natura, levado a cabo, sobre todo, polo noso grupo ecolóxico.

Máis contidos educativos

Outros sitios na rede teñen máis contidos educativos. Aquí tedes algúns exemplos:

Repositorio de contidos do Espazo Abalar

 


 

Galicia Le

A plataforma de préstamo de libros dixitais de Galicia

 


 

Aulas Galegas


 

Tamén por televisión:   A canle de TV  CLAN TV emitirá todos os días lectivos unha programación para distintas áres de primaria de 9:00 a 12:00 horas.

 


 

Aprendo en casa: un portal de recursos educativos como complemento á formación.


 

 Para entreterse:

Revista educativa Namaka

Durante o período de confinamento, podedes suscribirvos gratuitamente a esta revista. E moi fácil. E a revista, entretida. (para máis info, pinchade na imaxe)

UNICEF xunto con Alcántara Family Foundation acaban de abrir unha canle de Youtube para que poidas contarnos a todos o que fas na casa. Entra no Clip Club TV!

Distribuir contido