CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

VISITANDO A GRANXA-ESCOLA CORAZÓN DE CARBALLO

Nenas e nenos de 3º e 4º curso fomos este martes tres de decembro de visita a granxa escola "Corazón de Carballo". Como está moi preto do colexio, e, aproveitando o bo tempo, fomos todos camiñando.

Alí vivimos moitas experiencias en contacto coa natureza: tivemos a oportunidade de coñecer  e contactar cos animais da granxa, controlar as nosas emocións a través do ioga, plantar na horta plantas aromáticas, visitar a aula da natureza ou mesmo ver o funcionamento dunha composteira...
Pasámolo xenial e aprendemos un montón!

Para ver tódalas fotos da xornada preme na foto.

TRABALLAMOS A IGUALDADE

A semana pasada e co motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, durante os momento lectores, realizamos diferentes actividades dirixidas polo alumnado de cuarto.

Nestas sesións, os compañeiros e compañeiras, expuxéronnos un traballo que realizaron sobre a igualdade de xénero. Ademais de proxectarnos un vídeo e elaborar diferentes xogos nos que todos participamos

Para ver todas as imaxes, prema aquí.

 

CONCIENCIACIÓN DENDE A BIBLIOTECA

 

O próximo luns, día 25, celébrase o

Día Internacional da Non Violencia de Xénero.

Trátase dun tema fundamental para a nosa sociedade sobre o que todos e todas debemos reflexionar. Dende a biblio, xa comezamos a traballalo cos nenos e nenas de 5º que se volcaron na elaboración dun mural.

Para ver todas as imaxes, prema aquí.

   

Dende este espazo animámosvos tamén  a lectura de magníficos libros como Arturo y Clementina, Rosa Caramelo ou ¿Hay algo más aburrido que ser princesa?

Estes libros tamén os podedes encontrar en formato vídeo!

 

 

COCIÑA CON CIENCIA

Durante o mes de Novembro dende a biblioteca estamos celebrando o Mes da Ciencia. Ao longo dos recreos realizamos diferentes experimentos ós que todo o colexio pode acudir.

Varias mestras comezaron expoñendo os seus experimentos e días máis tarde fixérono numerosos alumnos.

Aínda quedan moitos experimentos por descubrir así que...

animádevos a desfrutar desta magnífica actividade!

Para ver todas as imaxes, preme aquí.

 

CUMPLE UNCAS

 Durante os meses de Setembro e Outubro tivemos de aniversario a varios compañeir@s!!!!

MOITOS PARABÉNS!!!

EXPOSICIÓNS NA BIBLIOTECA

Para celebrar o mes da biblioteca os compañeiros e compañeiras de cuarto ensináronnos durante os recreos moitas curiosidades sobre o mundo das ABELLAS e do MILLO.

Así todo o colexio puidemos aprender un montón sobre estes temas que eles anteriormente traballaron nas súas aulas. 

Para ver todas as imaxes, preme aquí.

 

 

FORMÁNDONOS!

Estes primeiros días na biblio traballamos un montón…Adicámonos a recordar as normas, cómo se buscan os libros, as partes destos… Todo o traballo necesario para que a biblio funcione perfectamente!!!

Para ver todas as imaxes, preme aquí.

COMEZAMOS!

 O pasado mes de Outubro abrimos a biblioteca do cole con moitas ilusións e novas actividades. Este ano contamos cunha novidade que seguro vos vai encantar…. Temos unha cociña na biblio!!Nesta cociña dispoñemos dun MENÚ LECTOR. Cada mes recomendaremos diferentes libros así que…

A DEVORALOS!

Para ver todas as imaxes, preme aquí.

SAMAÍN 2019

Hoxe no CEP Pedro Caselles foi un día terrorífico, bruxas, vampiros, mortos viventes... encheron as nosas aulas.

Nenas e nenos, coa axuda das súa familias, ademais de vir terroríficamente disfrazados, trouxeron cabazas para a xa habitual exposición que facemos tódolos anos.

As profes de inglés tamén fixeron actividades para a ocasión, solo que elas lle chaman Halloween...

Os máis pequenos do centro foron os máis implicados, pois ao longo da semana estiveron preparando o mural e facendo debuxos de medo. Tamén estiveron na biblioteca escoitando historias de medo, pero sen vampiros, momias, homes lobo... eran historias de medo de Tomiño: A Santa Compaña, o Tardo e a Mariamanta...

Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.

OBRADOIROS ARTÍSTICOS EUROCIDADE CERVEIRA-TOMIÑO

Nenas e nenos de 5º de primaria acudiron esta semana e a anterior á veciña Vilanova de Cerveira para participar nos obradoiros artísticos, conxuntamente con nenas e nenos de Cerveira. Esta actividade forma parte da proposta gañadora do Orçamento Participativo Transfronteiriço 2019, impulsada por Associaçoes de Pais e Nais dos Centros Escolares de Cerveira e a Mesa de ANPAS dos Centros educativos de Tomiño.

Esta actividade forma parte do proxecto Eurocidade Cerveira-Tomiño, nenas e nenos das dúas localidades acudiron ao impresionante paraxe do convento de San Paio para compartir esta experiencia artística, na que se misturou arte, valores e reciclaxe.

Para ver máis fotos preme na imaxe.

 

Distribuir contido