CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Grupo Ecolóxico na Radio UNCAS

O Grupo Eclóxico do centro pasouse por Radio UNCAS e dixéronnos cousas moi interesantes... 

Escoita aquí o seu primeiro programa.

PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO CERVEIRA TOMIÑO

Este mércores nenas e nenos de sexto curso do Caselles acudiron a Vilanova de Cerveira, concretamente á Escola Superior Gallaecia, para participar nunha actividade de artes plásticas.

A actividade fíxose conxuntamente con nenas e nenos de Cerveira e do CEIP de Barrantes, e forma parte da proposta gañadora deste ano do Proxecto Transfronteirizo Cerveira-Tomiño, concretamente, "Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño" presentada polas ANPAS tomiñesas e cerveirenses.

Foron dúas as actividades que se fixeron a longo da mañá na escola Superior Gallaecia: debuxo de poliedro con sombras e elaboración de cadros con materiais de reciclaxe.

Estas actividades buscan promover unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños que conforman a eurocidade Cerveira-Tomiño.

Para ver máis imaxes preme na foto.

 

UN PLANETARIO NO XIMNASIO!

Ao longo desta semana as nenas e nenos do CEP Pedro Caselles  participan nunha actividade moi especial.

Por iniciativa e xestión da nosa ANPA, temos instalado no ximnasio un pequeno planetario aportado pola Fundación La Caixa(Educaixa). Nenas e nenos aprenden sobre nocións básicas de astronomía dunha forma activa e intuitiva. O planetario conta con varias proxeccións adaptadas aos diferentes niveis do  alumnado.

Tamén o  CRA Mestre Manuel Garcés visitará o venres o centro para disfrutar desta actividade.

 

 

 

Día do autismo

O 2 de abril fixemos un pequeno acto no colexio para conmemorar o día do autismo.  Aquí,  igual  que  na vida, todos temos igual dereito a ser diferentes.

SAÍDA O MONTE TREGA

Hoxe as nenas e os nenos do 1ºCiclo foron coñecer un pouco mellor o poboado castrexo e o museo do Trega. Tiveron unha guía que lles explicou moitas cousas dos antigos poboadores do castro do Trega, na Guarda. Estiveron todos moi atentos e aprenderon moito de arqueoloxía.

Para rematar a xornada fomos merendar e xogar un poquiño ao parque de Pías.

Para ver as fotos da xornada preme na imaxe.

 

EXCURSIÓN A BUEU

O noso centro está inmerso dentro do plan proxecta ALIMÉNTATE BEN, do cal se inclúe o programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. Por este motivo, e mediante sorteo, tocoulles aos nenos e nenas de 4º de primaria ir visitar o porto, a lonxa e a praza de abastos de Bueu. Foi unha actividade completa, onde lles ensinaron aos nenos distintas embarcacións (por exemplo o bateeiro) e utensilios (como as nasas para pescar, por exemplo, o polbo) que empregan os mariñeiros para coller produtos de mar.

Logo, na lonxa, puideron palpar ourizos de mar e moitos dos nenos e profes probaron este delicioso produto. Máis tarde, ensináronlles como se subastan os produtos que pasan por alí, na que teñen unha etiqueta de identificación. No noso caso, ensináronnos o do polbo ou o choco. A estes produtos pónselles un prezo de custo alto e van baixando ata que algunha persoa autorizada (empresas, restaurantes,...) decide compralo polo custe que estima oportuno. 

Para rematar, asistimos a praza de abastos na que nos ensinaron a variedade de peixes e mariscos que se venden. A verdade é que houbo gran variedade de produtos. (caballa, tiburon rosa, cazón, xarda, navallas e os xa máis coñecidos, linguado, xurelo,...). Nesta mesma estancia, no primeiro andar, os nenos e nenas vestíronse de chefs (cun gorro de cociña e un mandilón de plástico) e puideron degustar ensalada, dunha especie de cachopos na que se lle integraron produtos de mar e dun iogur de vainilla.

Foi un día moi produtivo!

Preme na imaxe para ver as fotos desta saída.

CUMPLE UNCAS

O pasado mes de febreiro tivemos de aniversario a uns compañeiros/as moi especiais. Moitos parabéns!!

 

RADIO UNCAS #3

Terceiro programa da RADIO UNCAS, a radio do CEP Pedro Caselles Beltrán do concello de Tomiño. Coma sempre moitos contidos de interese, novas de última hora, contos, música, entrevistas, ciencia, chistes, receitas, concursos e moitos máis. Volvemos despois do Entroido. Viaxa nas ondassssss!!!!

 

Fai click aquí para escoitar o terceiro programa.

 

ENTROIDO 2019

Como tódolos anos o CEP Pedro Caselles celebrou o seu Entroido, e coma sempre xirando arredor do tema do  proxecto deste ano, países do mundo. Foi un entroido internacional, personaxes de manga xaponés, traxes típicos de Marrocos, brasileiros bailando samba, de Italia máscaras venecianas e traxes típicos de Indonesia, Nova Zelandia e Portugal.

Este ano acompañáronnos as nenas e nenos do CRA Manuel Garcés, disfrazados de fauna mariña.

Fixemos o noso gran desfile ata a praza do Seixo, acompañados no traxecto por numeroso público. Hai que dicir que os máis pequeniños aguantaron o percorrido coma campións.

Para pechar un día tan especial, á chegada ao centro nenos e nenas degustaron os doces cos que colaboraron as familias  para o Certame Gastronómico de Entroido.

Para ver as fotos premede AQUÍ.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

A semana pasada os alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º de Primaria participaron na actividade PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA que forma parte do programa Aliméntate ben, plan proxecta da Xunta de Galicia. Esta campaña está encamiñada ao obxectivo de fomentar o consumo das latas de conserva dos produtos do noso mar no noso alumnado.

Premede na imaxe para ver máis fotos!

Distribuir contido