CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Enquisa de diagnose da Convivencia 2021

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (director, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP e 6ºEP" en
https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

As familias enviaraselle as claves a través dos seus fillos, e ao resto daselle as claves no centro.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

AXUDA:

* Manual de uso dos Cuestionarios.

* Cuestionario en pictogramas.

* Preguntas frecuentes.

 

 

 

Benvidos novo alumnado

Os nenos e nenas do CEP Plurilingüe Pedro Caselles ensinan o centro ao novo alumnado que ven para primaria para o próximo curso, espero que vos guste.

 

CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

B/ Mosteiro S/N

CP 36740 - Tomiño

TFL: 886//0738//886110737

Correo: cep.pedro.caselles@edu.x unta.gal

"O NOSO PATIO"

Na 2ª xunta dos nenos/as, estivemos valorando as consecucións das peticións das distintas clases. E a verdade é que estamos moi contentos. Xa temos máis material de xogo para os recreos, puntos de lectura ou merenda no patio, e...estamos construíndo un areeiro para os nosos peques, e máis cousiñas.

Pouco a pouco, iremos construíndo o patio que queremos...

COMEZAMOS OS OBRADOIROS

O venres 5 de febreiro comezamos os obradoiros nos que os nenos/as aprenden de xeito máis dinámico e divertido:

As dúas últimas horas, facemos desdobles mantendo os "grupos burbulla" nos que facemos catro obradoiros:

"Radio Uncas": a lingua inglesa a través do xogo, elaboración de programas de radio, xogos lingüisticos...

"Enxeñeiros/as": a ciencia e as matemáticas divertidas: robótica, scratch, microscopios, xogos científicos, experimentos...

"A horta": plantación sementes, bulbos, actividades no invernadero, seres vivos... etc...

"O noso Patio": iniciar a transformación do noso patio, a partir das inquedanzas dos nenos/as, canalizadas a través da Xunta dos nenos/as e das titorías, empezando coas maquetas do patio que eles queren.

Estes obradoiros, manteranse ata maio!!!

 

ESTRELAS DA BOA SAÚDE

Baixo o título de ESTRELAS DA BOA SAÚDE, os nenos e nenas de 2º de Primaria estiveron estudando os hábitos que debemos realizar para ser boas estrelas da saúde.

Un dos puntos da estrela é o de ter unha boa alimetación e, dentro deste apartado, estiveron estudando a pirámide de alimentos ata o punto de realizar unha ,  en 3D,  elaborando os alimentos con plastilina tal como veredes nas seguintes imaxes.

Uns artitas están feitos!

 Tamén traballamos un KAHOOT relacionado con esta unidade didáctica.

 

 

Ademais de realizar dita pirámide, tiveron unha merenda saudable grazas á aportación de froita polo comedor do noso colexio. Con brochetas montaron as pezas de froita (amorodos, plátano e mazá) e degustaron unha merenda sauble e moi exquisita!

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2021

A pesar de ser un ano complicado, as nenas e nenos de Caselles tiveron o seu Entroido. Comezaron cun chocolate con churros, xentileza da cociña. Despois cada curso situouse nas súas casiñas de entrada, e polo patio do colexio fixemos un divertido desfile. Curso a curso e mantendo as distancias, por suposto, botando moito de menos a compañía das familias.

Para ver as fotos, premede na imaxe.

Medidores de CO2

Manter a porta e  algunha ventana aberta  que favorezan a ventilación cruzada, é unha das mellores formas de ventilar as aulas. Grazas á nosa ANPA Mosteiro, todos os cursos do centro dispoñen dende hoxe de medidores de dióxido de carbono (CO2) nas aulas.

Así o recomendan  desde "Schools for Health" de Harvard ou desde  o CSIC.

Ao respirar, entre outros gases e partículas, exhalamos dióxido de carbono. Cantas máis persoas, canto máis axitada sexa a súa respiración, canto máis pequena é a habitación e canto peor ventilada está, máis dióxido de carbono se irá acumulando. Por iso a concentración de CO2 serve para avaliar o potencialmente perigosa que é unha estancia, e se a estratexia de ventilación utilizada está resultando eficaz.

As principais autoridades sanitarias, como a OMS ou os CDC, coinciden en que a ventilación dos espazos de traballo é importante para mitigar a transmisión do coronavirus. Optar por espazos ao aire libre sempre que sexa posible, e no seu defecto favorecer a renovación do aire nos espazos cubertos. 

No noso centro ademais das recomendacións sanitarias de manter a hixiene de mans,  levar mascarilla e distancia social, agora contamos cun elemento máis  de seguridade a través destes medidores. 

Unha vez máis, o noso agradecemento á ANPA Mosteiro

 

NADAL 2020

E chegamos a fin do primeiro trimestre máis estraño da nosa historia...un trimestre duro pero tamén moi satisfactorio.

A COVID levouse gran parte da nosa normalidade, tamén  noso esperado e desfrutado festival de Nadal. Pero o que non conseguiu o coronavirus foi que este non fora o noso día especial. Todos os nenos e nenas do centro tiveron a súa pequena actuación nun vídeo que foi visualizado nas aulas, a modo de sucedáneo de festival.

Tamén, ao longo de toda a mañá, Papá Noel estivo visitando tódalas aulas e a tódalas nenas e nenos. Este ano veo cun saco de agasallos para cada aula, un saco cheíño!!! Todas as nenas e nenos do  Pedro Caselles queren darlle as grazas a ANPA Mosteiro por haber falado con Papá Noel e haber conseguido que pasara unha mañá enteiriña no noso cole. Se queredes ver as fotos desta visita premede enriba da imaxe.

Se queredes ver como quedou decorado o noso cole para nadal, preme na seguinte foto.

Un libro, o mellor agasallo.

 

Este Nadal dende Biblio Caselles, ademais de desexarvos unhas felices festas, gustaríanos inspirarvos ca nosa árbore de Nadal. Unha árbore cargada de bos desexos en forma de libro. Desexos relacionados co noso proxecto: o comedor, dende o cal fomentamos os bos hábitos para o noso coidado e o coidado do planeta. Non credes que poderían ser un bo regaliño?

 

Primeira xunta dos nenos/as no curso

O venres, 27 de novembro, celebrouse no ximnasio a primeira Xunta dos Nenos/as deste curso.

Propuxéronlle ao equipo directivo melloras para introducir no patio.

Agora toca traballar dende o colexio para atender no posible estas peticións.

 

Distribuir contido