Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

LISTAXE PROVISIONAL E ADMITIDOS/AS COMEDOR CURSO 24-25

CLICAR NA IMAXE

O prazo de reclamacións será de 5 días. Ante calquera erro detectado poñerse en contacto co centro.


 

 

En Gondomar, a 8 de xullo de 2024

 

 

Equipo directivo

 

 

 

Recollida Vales Libros e Material escolar

A recollida de vales de libros e material escolar para o vindeiro curso 24-25 podedes realizala os días  9 e 10 de xullo ( martes e mércores) na secretaría do centro entre ás 9:30h e ás 13:30h.

 

NOTA: Os que non se recollan quedan pendentes de recollida en setembro.

LIBROS 24-25

Publicamos listaxe de libros para o vindeiro curso 24-25.

Pódese consultar premendo a continuación.

 

Listaxe libros de texto 24-25

 

 

Nota: O material escolar publicarase ao longo da primeira semana de setembro.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Todo aquel alumnado que se incorpore novo ao centro o vindeiro curso 2024-2025, deberá formalizar a matrícula entre o xoves 20 de xuño e o venres 28 de xuño na Secretaría.

Para realizar este procedemento deberá presentar a seguinte documentación:

-Impreso de matrícula (Anexo III-1)

-2 fotos tamaño carnet

-Fotocopia tarxeta sanitaria

-Fotocopia do libro de familia (só para o alumnado que veña do CRA Antía Cal)

-Impreso de solicitude de bus (solicitalo na secretaría do centro se o precisa)

 

NOTA: O servizo de transporte escolar é só para o alumnado da zona ao que lle corresponde este centro (usuario lexítimo das parroquias de Morgadáns, Chaín, Couso, peitieiros e os da rúa Emigrante en Gondomar). O resto do alumnado só poderá optar ao servizo de transporte se houbese prazas vacantes.

COMEDOR 24-25

SOLICITUDE DO 1 ao 5 DE XULLO

 

O comedor escolar do CEP Xosé Neira Vilas está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación

ADMISIÓNPara a selección de usuarios, en caso de que haxa máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de preferencia que se explica no formulario de solicitude, tendo en conta que, en caso de empate, terán prioridade os menores en idade sobre os maiores e que tamén terán prioridade aqueles alumnos/as que fagan un uso diario do comedor escolar fronte aos que non o fagan. A situación de esporádicos non se contempla.

EMPRESA DE CATERING:  O funcionamento do comedor é mediante modalidade de catering, contratado pola Consellería de Educación, actualmente coa empresa Mediterránea. Para a atención deste servizo, cóntase con tres coidadoras dependendo do número de comensais.

HORARIOS: de 14:30 h a 16:00h. A partir das 15:30h. o alumnado xa poderá ser recollido. Comeza sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo de cada curso escolar.

NÚMERO DE PRAZAS AUTORIZADAS: 59 prazas.

PREZOS: O prezo diario dependerá (gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€) da renda neta per cápita familiar que se explica no formulario de solicitude como Anexo II Modelo de Autodeclaración. O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, terán o comedor gratuíto e non cubrirán o Anexo II.

CALCULADORA

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1.- Impreso de Solicitude cuberto e asinado e Modelo de Autodeclaración Anexo II.

2.- Documentación necesaria para a selección e admisión que se describe na solicitude

ENTREGA SOLICITUDE: As solicitudes serán recollidas presencialmente na Secretaría do centro ou por correo electrónico ao cep.neira.vilas@edu.xunta.gal , dentro dos prazos indicados en horario do 10:30h a 13:00 h. O Centro facilitará un código a cada familia e publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas na páxina web.

PRAZOS

SEMANA DE ARTES E OFICIOS COS EXPERTOS/AS

 Durante a semana dende o mércores 22 e ata o martes 28 en días alternos tivemos actividades colectivas para o enrequecimento na que o alumnado e profesorado, segundo o interese e motivación de cada un /unha compartiu con expertos/as, no ámbito xeográfico de Gondomar principalmente, momentos de aprendizaxe e antes ou despois tamén co profesorado, de tal xeito que nos grupos de aprendizaxe mesturouse alumnado de todos os cursos, con niveles educativos diferentes e coordinados por unha ou dúas mestras/e. Afondouse na temática das Artes e Oficios, coas ferramentas, os recursos materiais e humanos, a linguaxe dentro de cada oficio, a arte...

1.       Que fan na súa vida cotiá os expertos/as?

2.      

Que coñecementos ou recursos fan falta para desenvolver a profesión, a arte...?

3.      

Que beneficios aporta a profesión ou a arte traballada?

 

 

Estes son os carteis dos expertos/as que estiveron traballando con nós no centro nesta semana:

 

      

    

    

    

 

 Aqui deixámosvos un pequeno vídeo das fotos cos expertos pero iremos colgando máis do recollido despois co traballo dos grupos co profesorado.

 

Axuda Fondo Libros e Material Escolar 2024-2025

 

Para solicitar as axudas correspondentes deben cumplimentarse os Anexos I e II e presentalos, tendo de prazo dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.

Poden presentarse na secretaría do centro  (en horario de 12:50 a 13:30 horas) ou por Sede electrónica (Chave 365 ou certificado dixital).

Orde publicada no DOG

Anexos I e II

Información e documentación a presentar

 


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut