Este xoves 18 de xaneiro realizouse unha charla sobre protección da natureza dende o Plan Director, no que o alumnado de 5º e 6º asistiu a unha xornada con Verónica (Policía Nacional). Tratáronse temas moi diversos que se axustaron ao seguintes:
O alumnado de 5º curso participou nunha andaina ao parque arqueolóxico do Monte Tetón, co fin de coñecer a contorna natural e patrimonial desta singular paisaxe. Alí puideron contemplar unha das máis importantes coleccións de gravados de arte rupestre prehistórico de Galicia.
O alumnado tivo a oportunidade de contar coas explicacións de Jesús Rodríguez, historiador e guía da natureza pertencente ao Instituto de Estudos Miñoranos, e observar de preto, na estación de As Portaxes figuras humanas, escenas de caza, coviñas, combinacións circulares..., un amplo conxunto de gravados duns 4000 anos de antigüidade.
Durante a subida e estancia no petróglifo, contamos tamén coa presenza do Turonia de Tomiño e os centros educativos participantes: Pedro caselles, barrantes, Tebra, Goián e Sobrada. Todos e todas vestiamos unha camiseta co logo, TURONIA 2023, e dispuxemos dun caderniño de traballo con actividades, relacionadas cos elementos do ecoparque.
A volta ao colexio andando, despois de merendar nun fermoso souto de castiñeiros, foi unha bonita experiencia para un día de convivencia e goce dos nenos e nenas en harmonía coa natureza.
O alumnado de 5º e 6º curso realizou un percorrido polas Bateas da Ría de Vigo a bordo do Nautilus, un aula flotante provista de equipos de alta tecnoloxía, que amosa con gran detalle o noso rico ecosistema mariño.
Ao longo da travesía participaron na obtención dunha mostra de plancto que, posteriormente, visualizaron nunha pantalla xigante a través dun microscopio incorporado na embarcación. Tamén puideron coñecer como se realiza o cultivo do mexillón nas bateas de Moaña e observaron cantidade de especies de fauna e flora do noso fondo mariño, grazas ao robot subacuático Nemo.
A visita foi todo un éxito e unha oportunidade marabillosa para coñecer a riqueza das augas da Ría de Vigo.
Mira o vídeo
O escritor galego Anxo Iglesias presentou ao alumnado de 5º curso o seu libro «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022.
A través de xogos e de forma lúdica, deu a coñecer o seu libro e fixo partícipe ao alumnado dun compendio de poemas desde unha perspectiva creativa, facendo que os que alí estabamos, entendésemos que é un xénero literario divertido, e que todos e todas podemos facer poesía, tan só hai que botarlle un pouco de imaxinación.
Grazas Anxo Iglesias por compartir con nós a poesía desde unha nova dimensión.
Este sábado e domingo, 10 e 11 de decembro estivemos no mercadillo de Nadal. Dende o concello facilitáronnos un posto para vender os nosos produtos e conseguir cartos para a excursión de fin de curso. Os nenos e nenas de 6º estivemos vendendo marcapáxinas, pulseiras, postais de nadal, pegatinas...Ademais de ser unha nova experiencia, deseñamos, confeccionamos, demos valor aos produtos, publicitamos, vendemos, falamos, compartimos, convivimos...
Para repetir!
Gozade cos contos escritos polo noso alumnado. Quizais este sexa o comezo dun futuro/a escritor/a.
Daniela Dos Santos Rodríguez 6º B
Dragóns, Piratas e Castelos por
Kai Uhía Spuch 6º B
PeitiMuseo d`ARTE
Elaboramos obras representativas de cada etapa da Historia combinando materiais e técnicas. Despois de investigar cada unha das etapas e pescudar información da arte dos nosos antepasados comezamos a facer as nosas.
Todas estas creacións de arte quedaron recollidas na revista "Arco da Vella" e neste vídeo: