blog BiblioAnisiaMiranda
Poesías con Anxo Iglesias
Na clase de 5º pasamos unha mañá moi amena ao ritmo das poesías de Anxo Iglesias.
Trouxo moitos xogos de palabras para que todos e todas puidéramos facer poesía de xeito creativo.
Visita da escritora Iria Misa
Hoxe o alumnado de 6º A e 6ºB tiveron a sorte de compartir tempo coa escritora Iria Misa. Faloulles do seu libro “Unha veciña de película”, libro que está no itineraio lector de 6º.
Neste tempo compartido, tan divertido, o alumnado e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre os libros e o cinema. Tamén tiveron a sorte de poder ter os seus libros asinados pola autora.
Desde aquí queremos darlle as gracias a Iria pola súa visita e animarvos para que leades os seus libros.
Moitas grazas, Iria, por visitarnos e contarnos as túas experiencias!
Semana do Libro 2024
1=>Para celebrar o Día do Libro (martes 23), imos facer unha lectura apadriñada, na sesión de lectura dese día polos patios, entre todo o alumnado, “Cita co meu Libro Favorito”.
★ Para anticipar, ambientar e promover esa actividade, na semana previa (do 15 ao 19 de abril), entregaremos a ficha “Meu Libro Favorito”. Cada alumna/-o traerá ese libro favorito para ler o día 23. Artellaremos unha exposición de fichas polas corticeiras das escaleiras e nas cordas/tendais da entrada (O Recanto de Peiti).
2=>Os outros catro días da semana do día do libro, do 22 ao 26, organizamos dous obradoiros na sesión de Hora de Ler: “BookFace” ou “Cita a cegas cun Libro”.
Bookface: Esto é a arte de encaixarse nunha portada de libro.
“Cita a cegas cun Libro”. As parellas ou tríos de padriños e madriñas lectores, irán a un recanto de lectura que se lles asignará para compartir esa sesión de lectura xuntos cun libro sorpresa diferente cada día (Cita a cegas con..Poesía, Cita a cegas con.. narrativa, Cita a cegas con.. TBO ou Cita a cegas con.. prensa).
Semana da Poesía
Durante toda a semana tedes á vosa disposición libros de poesía en “O Recanto de Peiti”. Para lectura individual ou colectiva, para ler alí na alfombra, para levar ás aulas,…
Inauguramos a "bibliohorta"
Inauguramos o recanto “Biblio Horta” celebrando o día dos Bosques con Poesías.
Neste recanto o alumnado atopará libros de horta e sementes que poden levar para as súas casas.
Por quendas entraron á biblio para que a “Duende-Laura” presentase o recanto da Biblio Horta. Agasallounos cunha planta a cada un, que a continuación plantamos no bancal da súa aula na horta.
Novos libros de horta
Inauguramos o recanto “Biblio Horta” estrenando novos libros de horta, árbores, plantas e flores.