Semana do Libro 2024

1=>Para celebrar o Día do Libro (martes 23), imos facer unha lectura apadriñada, na sesión de lectura dese día polos patios, entre todo o alumnado, “Cita co meu Libro Favorito”.

 Para anticipar, ambientar e promover esa actividade, na semana previa (do 15 ao 19 de abril), entregaremos a ficha “Meu Libro Favorito”. Cada alumna/-o traerá ese libro favorito para ler o día 23. Artellaremos unha exposición de fichas polas corticeiras das escaleiras e nas cordas/tendais da entrada (O Recanto de Peiti).

2=>Os outros catro días da semana do día do libro, do 22 ao 26, organizamos dous obradoiros na sesión de Hora de Ler: “BookFace” ou “Cita a cegas cun Libro”.

  Bookface: Esto é a arte de encaixarse nunha portada de libro. 

“Cita a cegas cun Libro”.  As parellas ou tríos de padriños e madriñas lectores, irán a un recanto de lectura que se lles asignará para compartir esa sesión de lectura xuntos cun libro sorpresa diferente cada día (Cita a cegas con..Poesía, Cita a cegas con.. narrativa, Cita a cegas con.. TBO ou Cita a cegas con.. prensa).