Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Actividades

Día Internacional da Muller

Dentro das actividades programadas para conmemorar o Día Internacional da Muller, hoxe contamos coa presenza do espectáculo “Circo na casa”, unha actuación promocionada polo concello de Gondomar. Trátase dun número de circo en prol da igualdade de xénero, que ten como protagonista un pallaso, interpretado por David Merelas.

 

 

A través da súa interprestación, e mesturando divertidas situacións e xogos malabares, tratará de concienciar sobre a importancia dos roles dos homes e mulleres respecto das tarefas domésticas.


 

Contacontos pola Igualdade

 

" NON MÁIS PRINCESAS" CONTOS POLA IGUALDADE. PEDRO BRANDARIZ

Nada mellor que os contos para traballar a Igualdade e a Coeducación cos nenos e nenas. E aínda mellor, se quen os conta é  un coñecido contacontos galego, Pedro Brandariz.

Hoxe contamos no colexio coa súa presenza, e pequenos/as e maiores, gozamos coas súas historias.

"Un fantasma en apuros" en versión galega, foi unha das divertidas narracións na que tamén colaborou o alumnado.

 


Contacontos pola Igualdade

" SOMOS IGUAIS" CONTOS POLA IGUALDADE. RAQUEL QUEIZÁS

   O venres  tivemos a sorte de gozar coa actuación de Raquel Queizás.  Ela mesma se define como actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. 

  Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental, o noso alumnado entrou  a formar parte da historia, interactuando coas historias que ía contando sobre a igualdade entre as persoas. Con esta narración:

 

puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que 

AS PERSOAS SOMOS IGUAIS.

Deixámosvos un enlace con toda a información do contacontos:

https://www.raquelqueizas.com/actividades-somos-iguais/

 Todas e todos gozamos coas súas historias ao aire libre.

 


 

Día da muller, 8 de marzo

Hoxe conmemoramos o Día da Muller, cunha serie de actividades de concienciación sobre a relevancia das mulleres en campos recoñecidos, normalmente, como do xénero masculino. Mulleres destacadas en diferentes ámbitos profesionais, acudiron ao noso centro para falarnos das barreiras que tiveron que superar para chegar ata onde hoxe en día se encontran.

CAMISETAS COMPROMETIDAS

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro "Día en contra da Violencia de Xénero", o alumnado de 3º de Primaria participou, nun taller de sensibilización, prevención e identificación de violencia de xénero.

Esta iniciativa parte dun proxecto da Concellaría de Igualdade de Gondomar e ten como finalidade que, as nenas e nenos, deseñen camisetas con slogans coa temática da igualdade entre mulleres e homes.

Antes de chegar a este obxectivo, durante 4 días relizaron diferentes actividades como: identificar e cuestionar os mecanismos baixo os que opera a desigualdade de xénero, videoforum, dinámica de traballo para a creación dos slogans, taller de deseño e por último a elaboración das camisetas con distintas técnicas.


 

Fademur Charla Igualdade de Xénero

FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia) impartiu no mes de novembro unha charla sobre igualdade de xénero ao alumnado de todos os niveis do centro.

No evento os nenos e nenas reflexionaron sobre os estereotipos sociais de xénero, o tratamento da información nos diferentes medios de comunicación, nas profesións e oficios, no ámbito familiar, etc. e comentaron aas súas impresións sobre a desigualdade entre nenos e nenas aínda presente na nosa sociedade.

A escola é, sen dúbida, un dos motores de cambio desta situación.


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut