Celebraranse eleccións ao Consello Escolar entre o 18 e 22 de novembro , ambos incluídos.
De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.(DOG Núm.180 18/09/2024),informámosvos que proximamente o CEP Xosé Neira Vilas procederá á renovación parcial dos membros dos sectores educativos onde proceda.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
- A directora do Centro
- Unha profesora.
- Un pai ou nai ou persoa titora legal.
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na Disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG Núm.156 do 9 de agosto de 1996). O sorteo, que será público, preverá a designación de membros suplentes, e celebrarase neste centro o próximo martes, día 22 de outubro, ás 9.30 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.