Estimadas familias,
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS XOSÉ NEIRA VILAS DE PEITIEIROS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Pola presente convócase a todas as familias socias da ANPA a unha Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais Xosé Neira Vilas de Peitieiros, que se celebrará no patio cuberto do colexio o luns 22 de novembro ás 18:00h en primeira convocatoria ou ás 18:30h en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, das actas de asembleas anteriores.
2. Informe da Xunta Directiva.
3. Lectura e aprobación, se procede, do estado de contas.
4. Rolda aberta de intervencións.
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Pola presente convócase a todas as familias socias da ANPA a unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais Xosé Neira Vilas de Peitieiros, que se celebrará no patio cuberto do colexio o luns 22 de novembro ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria, coa seguinte ORDE DO DÍA:
1. Elección dunha nova Xunta Directiva. Notas:
As candidaturas para formar unha nova Xunta Directiva deberanse presentar no correo electrónico da ANPA (anpapeitieiros@gmail.com) cunha antelación mínima de 48 horas antes da Asemblea (18:00 horas do sábado 20 de novembro), e deberán especificar os nomes das persoas socias que han asumir cada cargo da Directiva: Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría e Tesourería e as vogalías necesarias para cubrir as actividades da ANPA, tal como consta nos Estatutos da Asociación.
Recordamos que só pode acudir un membro adulto da familia, con mascarilla.
A reunión será na pista cuberta, polo que pregamos senten nas gradas mantendo as distancias de seguridade. Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.
Silvia Fernández Quintas Secretaria da ANPA
Peitieiros, 2 de novembro de 2020