XOGADE- Xornada ciclista

O pasado 22 de marzo gozamos dunha xornada ciclista a través dun circuíto, no que o alumnado tivo que demostrar a súa pericia e bo dominio da bicicleta. Ataviados con casco e ben protexidos, os nenos e nenas gozaron dunha actividade ao aire libre nun medio de transporte cada vez máis en auxe.


1ª Xornada de Loita celebrada en Goián

O xoves, 30 de marzo, o alumnado de 4º participou na 1ª Xornada de Loita, que se celebrou no pavillón de Goián. Participaron os centros de CEP Xosé Neira Vilas, os 5 centros de Tomiño e o CEP Altamira de Salceda.

Parabéns aos participantes!

Deixamos a nota publicada na páxina web de AGRUDEBAM https://www.agrudebam.es/

XOGADE-Campo a través 2 e 3 de novembro.

Os pasados 3 e 4 de novembro (previstos para o 27 e 28 de outubro)  celebráronse as actividades deportivas en Caldelas de Tui coa proba de campo a través en horario lectivo, co formato de carreiras por clases coa convivencia de todos os coles participantes. Nela participaron o alumnado de 2º,3º,4º e 5º e o seu profesorado. Organizado por AGRUDEBAM no programa de Xogade os nenos e nenas gozaron dun día de deporte e convivencia.

Moitas grazas a todos e todas as participantes, aos profes, e a AGRUDEBAM pola organización e dinamización de Xogade.

XOGADE-Campo a través 2 e 3 de novembro.

Os pasados 3 e 4 de novembro (previstos para o 27 e 28 de outubro)  celebráronse as actividades deportivas en Caldelas de Tui coa proba de campo a través en horario lectivo, co formato de carreiras por clases coa convivencia de todos os coles participantes. Nela participaron o alumnado de 2º,3º,4º e 5º e o seu profesorado. Organizado por AGRUDEBAM no programa de Xogade os nenos e nenas gozaron dun día de deporte e convivencia.

Moitas grazas a todos e todas as participantes, aos profes, e a AGRUDEBAM pola organización e dinamización de Xogade.

HORARIO DO XIMNASIO CURSO 2022-2023

 RECOMENDACIÓNS PARA A CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

CURSO 2022/ 2023

 

EQUIPAMENTO PARA A CLASE: 

· CHANDAL OU ROUPA DE DEPORTE E CALZADO AXEITADO PARA A ACTIVIDADE FÍSICA.

 

· TOALLA, XABRÓN, CAMISETA PARA MUDAR E UNHA BOLSA/MOCHILA PARA TRAER TODO.

 

 

OUTRAS RECOMENDACIÓNS:

· DEBIDO Á IMPORTANCIA QUE LLE DAMOS NO COLEXIO AO ASEO PERSOAL, TEMOS POR HÁBITO QUE OS DÍAS QUE OS ALUMN@S TEÑEN CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA SE ASEEN, PARA O CAL SOLICITAMOS A SÚA COLABORACIÓN.

 

OS HÁBITOS DE HIXIENE SON UN CRITERIO DE AVALIACIÓN DENTRO DA MATERIA DE EDUCACIÓN FÍSICA, POLO QUE SERÁN VALORADOS E AVALIADOS.

 

 

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN

 

O NEIRA VILAS CO DEPORTE

IBERCONSA AMFIV ALCANZA A VITORIA

E como o prometido é débeda, tras a visita ao noso cole no mes de decembro do equipo de baloncesto en cadeira de rodas AMFIV,  hoxe 26 de abril, acudimos ao pavillón de Navia en Vigo para presenciar o seu debut no partido da EUROLIGA 3

Iberconsa AMFIV /LONDON TITANS 

Asistimos a este evento cunha gran ilusión como se puido apreciar por parte de todos os escolares alí presentes, que non deixaron de animar e abanear as pancartas feitas por eles mesmos para esta ocasión.

Co seu magnifico xogo e co apoio de todos e todas, o Iberconsa AMFIV alzouse coa vitoria por 72 a 53 puntos, derrotando así ao equipo inglés despois dun duro partido.

Desexámoslles obteñan máis vitorias no transcurso da Euroliga e se proclamen campeóns.

Todo o noso apoio e ÁNIMOOOOOO!!! Seguimos con vós.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais de regalarnos un gran xogo sobre a cancha, algúns nenos, nenas e profesorado obtiveron agasallos participando na rifa que se celebrou no descanso do partido.

Aquí temos a Ángel coa cesta de froita que lle tocou a Valeria de 2º curso.

Como podedes ver, foi unha xornada realmente emocionante.

 

SORTEO CAMISETAS

O profesorado do colexio, co fin de axudar ao equipo de baloncesto na súa andaina deportiva, comprou camisetas coas que agasallou ao alumnado por medio dun sorteo. Parabéns aos premiad@s.


 

EXHIBICIÓN DE MUSHING

Hoxe no cole tivemos a orpotunidade de gozar dunha exhibición de MUSHING de mans do club Kennel DEN, o primeiro club de mushing e montañismo de Arousa con sede social en Catoira.

A organización do evento correu a cargo da mestra de Educación Física Noelia Piñeiro, competidora de élite de bikejoring (bicicleta con can de tiro).

Antes de realizar a actividade práctica no campo de bolos emprazado frente ao colexio, alumnado e profesorado asistimos a unha breve charla sobre este deporte regulado pola Real Federación Española Deportes de Inverno.

Todos e todas pasámolo xenial e quizáis... algún neno ou nena estea disposto/a a unirse ao club. Sería estupendo non?

 

Inicio de sesión