IBERCONSA AMFIV ALCANZA A VITORIA
E como o prometido é débeda, tras a visita ao noso cole no mes de decembro do equipo de baloncesto en cadeira de rodas AMFIV, hoxe 26 de abril, acudimos ao pavillón de Navia en Vigo para presenciar o seu debut no partido da EUROLIGA 3
Iberconsa AMFIV /LONDON TITANS
Asistimos a este evento cunha gran ilusión como se puido apreciar por parte de todos os escolares alí presentes, que non deixaron de animar e abanear as pancartas feitas por eles mesmos para esta ocasión.
Co seu magnifico xogo e co apoio de todos e todas, o Iberconsa AMFIV alzouse coa vitoria por 72 a 53 puntos, derrotando así ao equipo inglés despois dun duro partido.
Desexámoslles obteñan máis vitorias no transcurso da Euroliga e se proclamen campeóns.
Todo o noso apoio e ÁNIMOOOOOO!!! Seguimos con vós.
Ademais de regalarnos un gran xogo sobre a cancha, algúns nenos, nenas e profesorado obtiveron agasallos participando na rifa que se celebrou no descanso do partido.
Aquí temos a Ángel coa cesta de froita que lle tocou a Valeria de 2º curso.
Como podedes ver, foi unha xornada realmente emocionante.
SORTEO CAMISETAS
O profesorado do colexio, co fin de axudar ao equipo de baloncesto na súa andaina deportiva, comprou camisetas coas que agasallou ao alumnado por medio dun sorteo. Parabéns aos premiad@s.