XORNADAS DE CICLISMO

 

XORNADAS CICLISTAS 2016

Durante esta semana o noso centro escolar ten o privilexio de participar nunhas interesantes xornadas sobre ciclismo.

De mans de David, o monitor que imparte ditas xornadas, e co apoio do profesor de Educación Física, os nenos e nenas aprenderán o manexo da bicicleta de xeito seguro, respectando as normas de seguridade vial, participando en circuítos organizados nas instalacións do propio centro.

 Este ano a Volta Ciclista a España culminará unha etapa en Baiona, polo que se algún dos nenos ou nenas do colexio son seleccionados/as, poderán compartir unha xornada cos propios profesionais da Volta.

Se queredes obter máis información sobre o evento, podedes consultar as seguintes páxinas web

La vuelta junior Cofidis

La vuelta junior


   

Inicio de sesión