Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

COMEDOR 24-25

SOLICITUDE DO 1 ao 5 DE XULLO

 

O comedor escolar do CEP Xosé Neira Vilas está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación

ADMISIÓNPara a selección de usuarios, en caso de que haxa máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de preferencia que se explica no formulario de solicitude, tendo en conta que, en caso de empate, terán prioridade os menores en idade sobre os maiores e que tamén terán prioridade aqueles alumnos/as que fagan un uso diario do comedor escolar fronte aos que non o fagan. A situación de esporádicos non se contempla.

EMPRESA DE CATERING:  O funcionamento do comedor é mediante modalidade de catering, contratado pola Consellería de Educación, actualmente coa empresa Mediterránea. Para a atención deste servizo, cóntase con tres coidadoras dependendo do número de comensais.

HORARIOS: de 14:30 h a 16:00h. A partir das 15:30h. o alumnado xa poderá ser recollido. Comeza sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo de cada curso escolar.

NÚMERO DE PRAZAS AUTORIZADAS: 59 prazas.

PREZOS: O prezo diario dependerá (gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€) da renda neta per cápita familiar que se explica no formulario de solicitude como Anexo II Modelo de Autodeclaración. O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, terán o comedor gratuíto e non cubrirán o Anexo II.

CALCULADORA

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1.- Impreso de Solicitude cuberto e asinado e Modelo de Autodeclaración Anexo II.

2.- Documentación necesaria para a selección e admisión que se describe na solicitude

ENTREGA SOLICITUDE: As solicitudes serán recollidas presencialmente na Secretaría do centro ou por correo electrónico ao cep.neira.vilas@edu.xunta.gal , dentro dos prazos indicados en horario do 10:30h a 13:00 h. O Centro facilitará un código a cada familia e publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas na páxina web.

PRAZOS

-Prazo para a solicitude: do 1 de xullo ao 5 de xullo presencialmente ou a través do correo electrónico cep.neira.vilas@edu.xunta.gal

-Publicación da listaxe provisional de admitidos na páxina web: antes do 15 de xullo. 

-Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional.

-Publicación da listaxe definitiva de admitidos na páxina web: antes do 20 de xullo.

ANULACIÓN DE MENÚS: Débense anular os menús coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia. A anulación no propio día debe realizarse antes das 9:00h e unicamente por correo electrónico a cep.neira.vilas@edu.xunta.gal indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a”.

PAGAMENTOS: Para aqueles comensais que lles corresponda, faranse mensualmente, na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes. O incumprimento do pago impedirá a utilización do comedor no mes seguinte por parte do usuario.

NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR: A asistencia ao comedor implica a aceptación das normas recollidas no Plan de Funcionamento do Comedor Escolar. Pode ser causa de baixa no servizo:

-Non estar ao corrente dos pagos: non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

-Non asistir durante un mes de xeito continuado coa frecuencia solicitada agás causas debidamente xustificadas ante a Dirección.

-Non comunicar en tres ocasións a súa ausencia, antes das 9:00 h. do día que deba ter efecto, poderá ocasionar ser suspendido pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

-Mal comportamento reiterado do alumnado.

Lembramos que no curso escolar pasado:

A INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES establecía  a posibilidade da perda de condición de usuario tanto por ter praza no transporte e non facer uso del de xeito continuado del e/ou alumnos que fagan usos indebidos do transporte escolar (cambiarse de autobuses, amosar condutas contrarias á convivencia...)
Concretamente o punto3 recolle: 

"3. Perda da condición de persoa usuaria con dereito Os/as usuarios/as con dereito a transporte escolar ou do integrado que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario/a con dereito, e, conseguintemente, non terán acceso preferente ao comedor escolar; para tal efecto, considerarase como continuada a non utilización do servizo cando esta se produza, sen causa xustificada, 5 días nun período de 30 días naturais consecutivos. 

 

AdjuntoTamaño
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25.pdf1.33 MB


book | by Dr. Radut