Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

LISTADO DE LIBROS CURSO 22-23

Xa podedes consultar o listado de libros e cadenos para o curso 23-24.

Preme aquí para tela completa.

 

Lembrade que as listas de material escolar se publicarán en setembro.

Formalización matrícula curso 23-24

 

O prazo para a formalización da matrícula para o alumnado que vén por primeira vez ao Centro será do 20 ao 30 de xuño.


Documentación a presentar:

  • Anexo III-1( Cuberto e asinado )
  • 2 Fotos de carnet
  • Fotocopia cartilla vacinas
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Fotocopia libro de familia (Só para o alumnado que veña do CRA)
  • Impreso solicitude Bus. (Só se o precisan)

NOTA: O servizo de transporte escolar é para o alumnado da zona ao que lle corresponde este centro,( usuario lexítimo das parroquias de Morgadáns, Chaín, Couso, Peitieros e os da Rúa Emigrante en Gondomar). O resto do alumnado só poderá optar ao servizo de transporte se houbese prazas vacantes.

 

 

FESTA FIN DE CURSO 21.6.23

O mércores, día 21 de xuño, celebraremos a festa de fin de curso e nela participaremos o alumnado, profesorado e familias. Despois dun ano de cine habilitaremos 6 salas de proxección para as producións realizadas cos nenos/as para visualizalas de 9:45h a 11:50h. Despois faremos un descansiño para o recreo e voltamos ás 12:30 onde retomaremos coas actuacións de fin de curso ata ás 13:50h.

 

Pola tarde será a festa da ANPA e cerimonia de gradación do alumnado de 6º.

O sorteo dunha televisión agasallada por EXPERT Gondomar realizarase ao final das actuacións.

 

Este é o programa da ANPA:

PARABÉNS E GRAZAS Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO XNV.

PARABÉNS E GRAZAS Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO XNV.

O equipo ambiental non queremos marchar de vacacións, sen antes felicitar e agradecer a toda a comunidade educativa, porque non nos queremos esquecer de ninguén, polo seu benfacer de cara o noso cole, e pola participación masiva no proxecto dos Patios Inclusivos. Ben sabemos que ás veces non é fácil conciliar, por iso sabemos que isto é dobre esforzo para todos/as vós, pero tamén sabemos que o facedes de bo agrado e para nós é moi importante saber que estades aí.

E agora para que vaiades vendo….

E isto é só o principio de todo o que está por vir …

 

 



GRAZAS !!!

Axuda Fondo libros e Material

AXUDAS FONDO LIBROS E

MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

 

Para solicitar as axudas correspondentes deben cumplimentarse os anexos I e II e presentalos, tendo de prazo ata o 21 de xuño.

Poderán presentarse na secretaría do centro (en horario de 12:30 a 13:30 horas) ou por sede electrónica (Chave365 ou certificado dixital)

 

Orde publicada no DOG

Anexos I e II

Información e documentación a presentar

DA TÚA MAN

 


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut