SOLICITUDE DO 1 ao 5 DE XULLO
O comedor escolar do CEP Xosé Neira Vilas está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación.
ADMISIÓN: Para a selección de usuarios, en caso de que haxa máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de preferencia que se explica no formulario de solicitude, tendo en conta que, en caso de empate, terán prioridade os menores en idade sobre os maiores e que tamén terán prioridade aqueles alumnos/as que fagan un uso diario do comedor escolar fronte aos que non o fagan. A situación de esporádicos non se contempla.
EMPRESA DE CATERING: O funcionamento do comedor é mediante modalidade de catering, contratado pola Consellería de Educación, actualmente coa empresa Mediterránea. Para a atención deste servizo, cóntase con tres coidadoras dependendo do número de comensais.
HORARIOS: de 14:30 h a 16:00h. A partir das 15:30h. o alumnado xa poderá ser recollido. Comeza sempre o seu funcionamento o primeiro día lectivo de cada curso escolar.
NÚMERO DE PRAZAS AUTORIZADAS: 59 prazas.
PREZOS: O prezo diario dependerá (gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€) da renda neta per cápita familiar que se explica no formulario de solicitude como Anexo II Modelo de Autodeclaración. O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, terán o comedor gratuíto e non cubrirán o Anexo II.
CALCULADORA
Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
1.- Impreso de Solicitude cuberto e asinado e Modelo de Autodeclaración Anexo II.
2.- Documentación necesaria para a selección e admisión que se describe na solicitude
ENTREGA SOLICITUDE: As solicitudes serán recollidas presencialmente na Secretaría do centro ou por correo electrónico ao cep.neira.vilas@edu.xunta.gal , dentro dos prazos indicados en horario do 10:30h a 13:00 h. O Centro facilitará un código a cada familia e publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas na páxina web.
PRAZOS: