Skip to Content

Educación infantil

Os robots garabateadores fúganse do parque móbil cara ás clases de Educación Infantil.

  ------------------------------- 

Recto 4 metros  ras, curva ras! 

E un cento de voltas e reviravoltas máis...

Xa chegaron, estaban ben pretiño!

Móstranlle aos rapaces as súas pinturas e percorridos, "que enerxía...  nunca cansan".

Todos quedan abraiados e deciden colaborar cos pequenos cacharros pintando un fermoso cadro: augamares, peixes globo, un polbo, algas, quenllas e ata un peixe espada. A creatividade é infinita.

E tras un duro traballo colaborativo  o resultado é digno de calquera galería. Disfrutade deste fermoso fondo mariño! ;-D

 

DE QUE ESTÁ FEITO O QUEIXO??

Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de infantil, foron visitar as productoras da 1ª  materia prima do queixo… AS VACAS, na gandería de Alfonso. Nesta granxa observaron todo o proceso, dende que son becerros ata que se convirten en vacas produtoras de leite. Tamén visitaron a queixaría “Airas Moniz” e experimentaron a primeira fase da elaboración do queixo.

Con esta actividade acercámonos ó mundo rural, interesámonos polo benestar dos animais e aprendemos o importante que son os seus coidados para ter unha boa e saudable produción.

  

 

TALLER DE COCIÑA

Os alumnos/as de 5º e 6º de infantil, disfrutaron dun taller de cociña. Elaboraron unha pizza artesanal, decoraron galletas; baixo as indicacións do profesorado do IES de Vilamarín. Degustaron a súa creación e aseguraron que nunca comeran unha pizza tan rica.

Coa actividade, adquirimos unha formación gastronómica, hábitos hixiénicos e vivimos unha experiencia de aprendizaxe e diversión.

 

 

neve collage

 

Hoxe o día agasallounos cunhas poucas folerpas, que revolucionaron a clase de infantil.

Foi tal o éxito, que queremos compartir esta actividade con todos vós.

 Titorial para construír un auténtico boneco de neve: 

1. Necesítase neve

Esta vez a cantidade era escasa, pero todo é adaptarse.

2. Hai que experimentar con ela:

Está moooi fría, case que facían falla unhas manoplas! 

Anotade aí: Olor, cor, sabor... Profe, profe, pódese probar???

Ups!! Parece que se derrete...

3. Poñámonos a darlle forma canto antes!

4. Que máis imos a necesitarrrr?

A vasoira nunca pode faltar

Un sombreiro e unha bufanda para que non pase frío.

Ah!! Temos que porlle un nariz de cenoria e tamén uns ollos. 

Isto hai que inmortalizalo!

neve 1

neve 2

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut