Skip to Content

Educación infantil

Que mellor maneira de conmemorar o Día da Paz que cantando e bailando.

As nenas e nenos de  Educación Infantil xa levaban días preparando a canción "Eu teño alguén", de Sonárbore. Así de estupendo lles quedou coas súas voces e acompañando con linguaxe de signos.

Pola súa banda as rapazas  e rapaces de 5º e 6º de Primaria crearon unha coreografía para a versión "Que sorte de terte" da TVG, ao máis puro estilo TikTok.  Aquí deixamos un anaquiño da actuación de onte de toda Primaria.

.

 

Día Internacional da Muller- Proxecto Pintura

«Sorpresa do trigo», de Maruja Mallo

Cadros pintados polo alumnado de Ed. infantil.

Cantan «Todo pode ser» de La Guagua, unha canción que fala da igualdade de xénero.

Na clase de infantil de 5 anos, para festexar o Día de Rosalía, escribiron e ilustraron o poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes"

Aquí están co poemario que compartiron con toda a escola o Día Internacional da Muller.

adios rios adios fontes

adiós ríos

TEATRO: O LOBO E A LÚA

O martes 3 de marzo, asistimos ao Auditorio para ver teatro de títeres: O LOBO E A LÚA, da compañía Baobad teatro. Dentro da programación que ofrece Afundación para escolares.

Esta obra foi gañadora do premio, Barriga Verde de textos para teatro de títeres, na XI edición de 2014. Foi moi divertida, ensinounos a ter que convivir a pesar das diferenzas. A obra é moi rechamante porque transcorre de noite, á luz da lúa. Tamén trata a amizade, a superación dos propios medos e o amor.

Invitámosvos ao Festival de Nadal que terá lugar o próximo venres día 20 de decembro ás 11 da mañá.
 
Música, baile, teatro... emoción, ilusión e moitas ganas de facelo ben e sorprendervos. Gustaríanos que compartísedes con todos nós esta celebración, o programa é o seguinte: 
 
Educación Infantildesexos de nadal
3 anos: MasterClass para inaugurar o Nadal
4 anos: "Corre, corre cabaciña"
5 anos: "A cebra Camila"
Educación Primaria
1º e 2º: "Buscando unha estrela" do disco    "O Quiquiriqui"
"Romance das noitiñas de Nadal"
3º: A Bailar! Jingle Bells.
Carta aos Reis Magos.
Panxoliña: "O meu caraveliño"
4º: No teatro, "Unha consulta accidentada"
5º: Panxoliña instrumental: O tamborileiro.
6º: The First Noel.
                 

# 23 ao 27S

Mobilizacións polo clima: Pola defensa dun planeta vivo e dun mundo xusto. O martes 24 de setembro vestiremos con algunha prenda de cor VERDE.

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

Familias... Queremos compartir con vós este pequeno acto de graduación tan importante e emotivo.

 A profe Tere e as demáis profes que estamos en infantil desexámosvos moita sorte en PRIMARIA.

VISITA: "HORTO URBÁN"

Os alumnos/as de 6º de infantil visitaron o "Horto Urbán", para participar na actividade programada polo concello de Ourense: Cultivando alimentos.

Este horto está ubicado na zona de Mariñamansa,  onde cultivan os veciños/as. Estivemos moi atentos/as ás explicacións da monitora sobre: Plantas mediciñais, como se traballa un horto e que plantar no horto. Despois realizamos un taller de plantación.

Pasamos unha maña divertida en faena agrícola. 

                              

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O alumnado de Educación Infantil, xunto coas súas profes, foron de excursión a esta granxa escola situada en Fornelos de Montes (Pontevedra). Co fin de fomentar o contacto coa natureza, disfrutar das actividades programadas como o acercamento aos animais, visita ó horto , plantación de sementes, taller de cociña para facer galletas e xantar nun entorno natural moi agradable

 

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

Despedimos aos  compañeiros/as de infantil cunha pequena homenaxe de graduación.

Botarémosvos de menos no patio.

A profe Elisa deséxavos moita sorte en primaria.

 

 

PARABENS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut