Skip to Content

Articles

XOGOS, RITMOS E DANZAS NA PRAZA MAIOR

A maxia de aprender xogando

Este mércores o alumnado de 4º de EP participou nunha Xornada divertida compartindo con outros colexios da provincia música, ritmos e diversión.

Arredor de 200 nenas e nenos desfrutaron de dúas horas  de xogos musicais, de percusión e danzas organizadas polas súas mestras e mestres de música. Estes son algúns fragmentos con diferentes propostas rítmicas da xornada:

Xornada Musical

Batucada

Can Can de Offenbach

Danza Rusa de Tchaikovsky

Galería de Imaxes da xornada

 

Esta actividade estivo organizada e dinamizada polo profesorado de música participante no Seminario de FP sobre recursos musicais, subvencionada polo Centro de Formación e Recursos e contou coa colaboración da Área de Educación do Concello.

Acto das Letras Galegas

Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º desprazouse ata a Praza Maior de Ourense para celebrar un acto do día das Letras Galegas organizado polo Concello de Ourense.

Centros como o Mestre Vide, Couto, Luis Vives, Albino Núñez, San Pío, Padre Feijóo e Vistahermosa asistiron a esta actividade.

Un festival na praza Maior onde cada cole cantou, bailou, recitou e interpretou distintas pezas en homenaxe a Luísa Villata. As nosas actuacións:

Presentación de Luísa Villalta

Os Zocos son pra andare. Blues do país

Millo Verde

Muiñeira Armadanzas

galeria de imaxes

Grazas ao Concello de Ourense pola invitación e organización.

 

VERBATECA- LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de  infantil.

Xogando, traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras da nosa lingua sobre diferentes temáticas...
 
Esta actividade ten como obxectivos:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
Manter unha boa actitude de escoita.
Motivar á lectura por medio da oralidade.
Fomentar a imaxinación e a creatividade.
 

VISITA Á BIBLIOTECA DO NOSO ENTORNO

 O alumnado de 2º de primaria , visitou a biblioteca municipal da Ponte.               

A bibliotecaria, explicoulles como identificar os libros dos andeis, despois a cativada participou nunha animación á lectura e tamén desfrutaron dun tempo libre de lectura.

ANIMACIÓN Á LECTURA E SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Actividade ofertada polo concello de Ourense: "Conta coa natureza, incendios forestais".

Esta temática foi tratada por unha monitora medioambiental a través do conto teatralizado: "Xela, a superheroína da aldea" de Inma Soto.

Un conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os nosos recursos e busca que os nenos/as coiden o entorno natural.
Coa finalidade tamén de animar ao alumnado o interesarse por lecturas desta temática.
 

Educación viaria

Onte as nenas e nenos de Educación Infantil desfrutaron coa actividade "Alavín Alaván, O tranvía da Educación Viaria" organizada polo Concello de Ourense.

Convertíronse en pequenos coches, peóns responsables e incluso policías.

Unha sesión moi interesante onde practicaron e aprenderon normas importantes para a súa vida diaria.

 

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 6º de Primaria participou hoxe na actividade "Encontros co autor" pertencente ao Programa de animación á Lectura dinamizado polo Concello de Ourense.

As nenas e nenos leron nestas últimas semanas a obra "Segredos Soterrados" de Xabier Domínguez e Alba de Evan, a quen puideron coñecer hoxe e aprender máis sobre o seu traballo.

Tocade na imaxe para ampliar.

 

 

Visita residencia "As Salinas"

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata a residencia "As Salinas" no Viso para realizar diversas actividades interxeracionais cos maiores. Cantaron panxoliñas, realizaron talleres, tarxetas de Nadal, xogaron...

Bonita actividade que favorece a responsabilidade, os valores  e o respeto cara os maiores.

Grazas á residencia por darnos a oportunidade.

CONCILIA DE NADAL. CONCELLO DE OURENSE

 

Hoxe ábrese o prazo para a inscrición nas actividades de conciliación para alumnado de Educación  Primaria, durante as vacacións de Nadal na Aula da Natureza.

Toca na imaxe para máis información

CARREIRA DE SAN MARTIÑO

Gran representación do CEIP Vistahermosa na XLVI Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

Os máis maiores levaron xa a semana pasada unha camiseta conmemorativa de agasallo pola súa participación.

Pero hoxe foi o día dos máis pequenos e pequenas, que recibiron a súa medalla polo gran esforzo realizado.

Noraboa a todos e todas!!

  

 (Tocade na imaxe para ampliar)



by Dr. Radut