Skip to Content

VALES LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Cheque bancario Animado Icon

Lembrámosvos que os días 8, 9 e 10 de xullo podedes pasar pola secretaría do centro, de 10:00 a 13:00 h, para recoller os vales de axuda á adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar (de 1º a 6º de primaria).

Tamén podedes recollelos a partir do día 3 de setembro.

PUBLICADA LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO

Avisos

Publicouse hoxe no taboleiro de anuncios do interior do recinto escolar a listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario, así como de solicitudes excluídas, indicando a causa da exclusión.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

As persoas interesadas poderán presentar reclamacións os días 8 e 9 de xullo.

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR 24/25

Conoce tu comedor – Gure Platera Gure Aukera

No curso 24/25, o servizo de comedor escolar do noso centro continuará funcionando de luns a venres, de 14:00 a 16:00 h.

As familias que queirades ser usuarias do servizo de comedor escolar no curso 24/25 debedes cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración e especificacións) e entregalo no centro de dous xeitos posibles:

  • Presencialmente, na secretaría do centro, desde o día 1 ao 10 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 h.
  • Por correo electrónico ao enderezo ceip.villar.parama@edu.xunta.gal desde o día 1 ao 31 de xullo.

Aos efectos de facilitarlles ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso á calculadora estará dispoñible a través do link: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp.

Deixámosvos tamén un NOVO documento SEPA, para as familias que teñan que aboar o comedor escolar para o próximo curso 2024/2025.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

HORARIO XUÑO/XULLO

RPG Digital: Horario de Estudio

Desde o día 24 de xuño ata o 10 de xullo, o horario de apertura do centro será de 10:00 a 13:00 h.

CALENDARIO XULLO

Calendario Planes Sticker - Calendario Calendar Planes - Discover & Share  GIFs

PRAZOS

PROCEDEMENTOS

Do 1 ao 10 de xullo

Do 1 ao 31 de xullo

5 xullo

  • Publicación de listaxes provisionais do fondo solidario.

8 e 9 xullo

  • Reclamación das listaxes provisionais do fondo solidario.

10 xullo

  • Publicación de listaxes definitivas do fondo solidario.

Do 8 ao 10 de xullo

 

  • Recollida de vales para adquirir libros de texto e material escolar.
  • Recollida de historiais académicos do alumnado de 6º de primaria.

Do 3 ao 6 de setembro.

  • Recollida de libros de texto do curso 24/25 do fondo solidario para 3º e 4º de primaria.
  • Recollida de vales para adquirir libros de texto e material escolar (as familias que non os recollesen en xullo).

LIBROS DE TEXTO 24/25

LISTA MATERIAL 5º/6º PRIMARIA

Instituto Alérgico Selección conjunta gif notebook Disfraz Diligencia En  honor

Aquí podedes consultar a listaxe de caderniños da editorial Vicens Vives que forman parte do material escolar de 5º e 6º de primaria.

INSTALACIÓN ABALARMÓBIL

As familias de nova incorporación ao centro podedes consultar neste titorial como descargar a aplicación abalarMóbil para recibir toda a información académica dos vosos fillos/as.

RECOMENDACIÓNS VERÁN ALUMNADO 3 ANOS

GIF dinosaurio dino - GIF animado en GIFER

Por aquí vos deixamos un libriño elaborado polas mestras de infantil con recomendacións para este verán destinadas ao alumnado de 3 anos que se incorpora ao centro no curso 24/25.

Consultádeas, porque vos han ser moi útiles para facilitar a incorporación a esta nova etapa educativa.

- Recomendacións verán alumnado 3 anos.

O proxecto de infantil deste ano será Os dinosauros.

LECTURAS DE VERÁN

Como nos di a profe Laura no seu blog da biblioteca, a carón da piscina, mirando o mar, na montaña, na casa... o que máis me apetece é ler libros. Aquí vos deixo algunhas recomendacións
Distribuir contido


by Dr. Radut