Publicouse hoxe, 10 de xullo, no taboleiro de anuncios do interior do recinto escolar a listaxe definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario, así como de solicitudes excluídas. Nesta lista aparece indicado tamén a que materias corresponden os libros concedidos.
Ademais, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.