O cume do clima
Esta é a nosa pequena aportación ó cume do clima.
Concienciar ó noso alumnado na necesidade de coidar o noso planeta é un dos nosos obxectivos
25 de novembro
A nosa pequena contribución á conmemoración do día 25 de novembro
Visita a o blog da nosa biblioteca
Programando Halloween
O alumnado realizará unha actividade de programación coa ferramenta Scratc. Deseñaremos un personaxe de Halloween e logo con el crearemos unha historia. Levaremos a cabo esta actividade nas materias de Inglés e Plástica e realizarase en lingua inglesa.
Con este evento participaremos na semana europea da programación
Letra galegas 2019. Entrevista a Delfín Caseiro, presidente do padroado do museo da Limia
Esta é a nosa contribución ás letras galegas 2019. O alumnado de 6º de Primaria entrevistou na Radio Maraña a Delfín Caseiro, presidente do Padroado Museo da Limia.
Información no blog da biblioteca
I concurso de podcasts - Radio na Biblio- E conseguimos o primeiro premio
E gañamos o Primeiro premio do I Concurso de Podcasts - Radio na Bilblio convocado pola Consellería de Educación.
Nesta ligazón pódese ver a lista de galardonados
Aquí podedes escoitar o noso podcasts- A xanela cultural. Nesta ocasión adicado ás letras galegas.
Parabéns ó profesorado e alumnado participante e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron na realización do mesmo
Letra galegas 2019
A "Axenda cultural" é un espazo radiofónico de Radio Maraña. Neste caso adicado ás letras galegas.
Canción "Ei vai" con mBots
Os mBots tamén interpretan a nosa música. Un gran traballo da profe de música e do alumnado máis grande. Programaron os nosos robots para que interpreten a canción "Ei vai" a dúas voces, cada unha interpretada por un robot.
Letras galegas 2018
No blog da biblioteca recollemos todas as actividades que se levaron a cabo para a celebración das letras galegas.
Sistema Solar
Enviado por admin1 o Mar, 22/05/2018 - 14:56Co alumnado de 4º,5º,6º elaboramos unha maqueta para traballar o sistema solar cos mBoots.
Unha vez que tivemos todo montado tamán a aproveitamos para traballar cos cursos máis baixos e con infantil
No chan da clase facemos un esquema do sistema solar. Con cinta adhesiva de cor negra marcamos as órbitas dos planetas. Buscamos información sobre cada planeta e facemos un modelo de cada un en bolas de porespan. Tuneamos os robots coas bolas. Para completar o esquema con cachos de cinta adhesiva de diferentes cores marcamos o cinto de asteroides.
A un lado da órbita da terra marcamos no chan con cinta adhesiva os nomes da estacións do ano e ó outro lado os meses.
Programamos os robots co sigueliñas.
Unha vez que temos todo montado permítenos realizar diferentes actividades cos diferentes cursos.
- O alumnado fai de planetas e vanse desprazando pola súa órbita en sentido contario ás agullas do reloxo arredor do sol.
- Os robots son os planetas. Pómolos a camiñar todos xuntos e vemos cal chega antes e cal tarda máis. Introducimos o concepto de ano e vemos que o ano ten diferentes duracións nos diferentes planetas.
- Pomos a andar os planetas interiores ou os exteriores.
- Quedámonos solo co planeta terra, o alumnado séntase no chan, a medida que a terra vai pasando polas diferentes estacións ímolas nomeando. Facemos o mesmo cos diferentes meses do ano.
DIFICULTADES
Para marcar as órbitas axudámonos deste vídeo https://www.youtube.com/watch?v=GMTtTW2uWfw
Cando facemos as letras cos nomes dos meses e as estacións debemos polas o suficientemente separadas das órbitas para que non teñamos problemas co segueliñas.
Para que nos funcione ben o segueliñas no chan debemos procurar que os robots teñan as baterías ben cargadas
PROPOSTAS DE MELLORA
Intentar programar o robot- planeta terra para que faga os movementos de rotación e translación ó mesmo tempo.
Programar o robot planeta terra para que ó pasar polas diferentes estacións se ilumine o led de abordo dunha cor diferente ou que varíe a intensidade luminosa.
Programar o planeta-robot terra para que a medida que pasa polos diferentes meses ou estacións apareza ese mes ou estación escrito na matriz led. Ou un debuxo coa evolución dunha planta ó longo do ano.
Pincha na imaxe para ver as fotos
Visita a Santiago de Compostela
O venres día 20 o alumnado máis grande irá de excursión a Santiago de Compostela. Visitaremos STEMlab Galicia, a maior feira educativa para centros educativos e Meteogalicia.
As dúas visitas están enmarcadas dentro de dous proxectos que temos en marcha no cole neste curso.
Robótica en Primaria e Meteoescolas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »