Histórico, Curso 06-07
Escolas viaxeiras 2012
O alumnado de 3º ciclo estivo unha semana disfrutando da actividade "Escolas Viaxeiras" na ruta Andalucía Oriental xunto co CEIP Plurilingüe de Blancos, o CEIP General Izquierdo de San Martín de la Vega de Madrid e o CEIP San Esteban de Ávila.
Foi unha semana estupenda na que puideron coñecer a Comunidade de Andalucía, convivir con alumnado doutros centros, desenvolverse con autonomía nos ámbitos persoal, social e familiar; desenrolar competencias básicas e afectivas etc.
ECOPREGUNTOIRO
Alumnos de Vilar de Barrio compiten con 16 colexios de toda Galicia en materia de coñecemento do medio, ecoloxía e medio ambiente nun programa de radio " O ECOPREGUNTOIRO" emitido por radiovoz os venres pola tarde. Neste momento encóntranse en cuartos de final despois de ter a sorte de eliminar ó CEIP Plurilingüe de Tui, un duro rival, que competía dende unha emisora de Vigo, mentras os nosos alumnos o facían na de Ourense.
O martes 27 de marzo tivo lugar a 2ª fase deste concurso medioambiental e o CEIP Plurilingüe de Vilar deBarrio conseguiu derrorar ó seu contrincante, o colexio San Xosé de Vigo, clasificándose así para as semifinais, pois neste momento só quedan competindo catro colexios, os demais foron eliminados.
Nadal 2007
Celebramos o Nada cun festival, este ano tivemos moito público. Dende aquí damos as grazas a tod@s por o seu ánimo, parécenos estupendo contar coas familias e xente do pobo en xeral entre o público.
Magosto 2007
Como todos os cursos celebramos o magosto no entorno da Capela da Portela e coma todos os cursos tivemos a Sara como invitada, faltounos o Pepe para asarnos as castañas, a ver se para o próximo podemos contar con el. Tivemos moi bo día e pasámolo xenial.
Rebumbio Matemático
"Os piratas do cálclulo" , un Equipo formado por 2 alumnos e 1 alumna de 6º de Primaria resultaron finalistas no VII Rebumbio Matemático que se celebrou no CEFORE de Ourense o día 4 de maio organizado por AGAPEMA.
O 1 de xuño participaremos na fase final que se celebrará no Fórum Metropolitano da Coruña.
O rebumbio é unha actividade na que se pretende fomentar o espíritu cooperativo e o traballo en grupo. Nela o alumnado ten que realizar actividades variadas nas que se combinan as de tipo manipulativo coas de deducción e razoamento.
Noraboa ós tres.
Obradoiro "Por xogar co lume"
O alumnado de 2º e 3º ciclo participou nun obradoiro "Por xogar co lume" organizado pola Obra Social de Caixa Galicia.
A través de xogos o alumnado descubriu estratexias para evitar os incendios e como actuar en caso de producirse algún.
Entroido 2007
Celebramos o entroido con varias actividades:
◊ O meco: con roupa vella e papeis de periódico confeccionamos o meco que colgamos da fachada do edificio, en torno a esta figura xiran todas actividades.
◊ As comadres e os compadres: todo o alumnado do centro elabora nas clases de plástica as comadres e os compadres con papeis de diferentes tipos e cores. Posteriormente en xoves alternativos (xoves de comadres e xoves de compadres), saímos ó patio a celebrar a festa.
◊ O xogo do meco: ó longo da última semana do Entroido, o meco da as súas ordes a toda a comunidade ecucativa, son ordes moi disparatadas como: levar algo vistoso na cabeza, levar un zapato dunha maneira e outro doutra, levar perruca, ir ó cole en zapatillas e bata de casa...).
◊ O desfile: este curso disfrazámonos de pallasos; con bolsas de plástico e papeis de diferentes cores elaboramos os disfraces. O venres, ultimo día de clase, saímos polas rúas do pobo acompañados por membros de Protección Civil do concello e un bo número de pais e nais.
Para ver as fotos desta festa vai a galería
"Plantando árbores"
En colaboración co grupo medioambiental "Amigos da Terra" e o centro medioambiental "As corcerizas" situado na Serra de San Mamede no noso concello, levouse a cabo un obradoiro no que se pretendía concienciar ó alumnado no coidado e o respecto polas nosas árbores, dar a coñecer as árbores autóctonas e a súa importancia no bo funcionamento dos nosos ecosistemas.
A actividade comezou no centro escolar onde, mediante xogos e actividades prácticas reflexionamos sobre as características das árbores que iamos plantar, importancia de repoboar con árbores autóctonas, funcións das árbores... Posteriormente desplazámonos ó monte comunal de Arnuíde e nunha zona que foi arrasada por un lume forestal, plantamos un cento de árbores autóctonas (teixos, acivros, bidueiros, pradairos, castiñeiros, carballos...), desta maneira contribuímos a recuperar o noso monte.
Para ver as fotos entra na galería
Desafíos do Entroido
Os desafíos eran unha especie disputa entre os veciños de dous pobos durante a época do Entroido. Primeiro xuntábanse os habitantes dun dos pobos, disfrazábanse con roupas de moitas cores incluso colchas, adornaban un carro e tamén burros e cabalos. Así cheos de colorido marchaban cara un dos pobos veciños, a este tipo de disfraz chamábanlle reinado. Polo camiño ían tocando e cantando. Os habitantes do pobo veciño ó velos vir corrían a recibilos, ataban unha corda no camiño para atrancárllelo paso e alí comezaba a disputa ou desafío. Sempre se puñan a disputar as persoas do pobo que máis habilidade tiñan para facer versos. Despois de estar un pouco disputando quitaban a corda e cantaban e bailaban todos xuntos. Estes foron recollidos en Penouzos,un pobo do concello de Vilar de Barrio.
Miña nai e maila túa | Miña nai e maila túa |
fixeron unha merendiña. | fixeron unha empanada. |
Túa nai como era fina | Túa nai como era fina |
comeulle a merenda á miña. | deixou á miña sen nada. |
Teño unha albardiña feita | Teño unha albardiña feita |
feita de palla mollada. | feita de mil perindengues |
Para botarlle a ese burro | Para botarlle a ese burro |
que non sabe dicir nada. | que non rinche tanto os dentes. |
Teño unha herba na horta | Teño unha herba na horta |
que reventa polo pé. | que lle chaman a Luísa |
Tamén as e reventar ti | Tamén as de reventar tu |
por dicir o que non é. | por non ir nunca á misa. |
Teño unha herba na horta | Teño unha herba na horta |
que lle chaman azafrán. | que lle chaman a teseira |
Para discutir comigo | Para discutir comigo |
cómpreche a lingua dun can | cómpreche a lingua lixeira. |