Actividades 24-25

Superando retos co kit de electrónica de Polos Creativos

Traballamos cos kits de electrónica de Polos creativos. Imos superando as actividades e os retos que nos propoñen

 

   

Programando o Samaín

Para conmemorar Samaín- Halloween o alumnado de 5º e 6º nun corredor fixeron o pase do terror.  Neste espazo, á veira dun modelo do corpo humano programaron os leds do Mbot de xeito que se acenden se detectan movemento.

    

Monstros de Halloween

Na celebración de Halloween-Samain o alumnado de 3º,4º,5º e 6º na materia de Plástica crearon monstruos.

Esta actividade desevolveuse en varias fases.

1º- Dividimos a clase en 3 grupos.

2º.- Dentro de cada grupo o alumnado repartiu os diferentes roles, elixiron un nome para o monstruo e fixeron o primeiro boceto do mesmo.

      

O sistema solar con plastilina condutora

Dento dun proxecto sobre o sistema solar, o alumnado fixo un modeo sinxelo de planetario; unha vez rematado, elaboramos plastilina condutora, fixemos o sol con esa plástilina, conectamos a unha batería e a vaios led conseguindo que o sol emita luz dado a estela que é.

   

Pepe incluso lle puxo un interruptor.

Creando circuítos con cinta condutora

Comezamos este curso con nocións básicas de electricidade.

Co alumnado de 5º e 6º de Primaria creamos circuítos sinxelos con cinta condutora de dobre capa.

          

Documental "A Serra de San Mamede"

O alumnado de 5º e 6º está a elaborar unha serie de documentais.

O primeiro capítulo vai adicado á nosa serra, a Serra de San Mamede.

 

Distribuir contido