Curso 06-07

Nadal 2007

Celebramos o Nada cun festival, este ano tivemos moito público. Dende aquí damos as grazas a tod@s por o seu ánimo, parécenos estupendo contar coas familias e xente do pobo en xeral entre o público.

Xa podes ver as fotos na Galería.

Magosto 2007

Como todos os cursos celebramos o magosto no entorno da Capela da Portela e coma todos os cursos tivemos a Sara como invitada, faltounos o Pepe para asarnos as castañas, a ver se para o próximo podemos contar con el. Tivemos moi bo día e pasámolo xenial.

Podes ver as imaxes na Galería.

Rebumbio Matemático

Alumnado de 6º curso á saída do VII Rebumbio matemático

"Os piratas do cálclulo" , un Equipo formado por 2 alumnos e 1 alumna de 6º de Primaria resultaron finalistas no VII Rebumbio Matemático que se celebrou no CEFORE de Ourense o día 4 de maio organizado por AGAPEMA.

O 1 de xuño participaremos na fase final que se celebrará no Fórum Metropolitano da Coruña.

O rebumbio é unha actividade na que se pretende fomentar o espíritu cooperativo e o traballo en grupo. Nela o alumnado ten que realizar actividades variadas nas que se combinan as de tipo manipulativo coas de deducción e razoamento.

Noraboa ós tres.

Obradoiro "Por xogar co lume"

Alumnado de 2º e 3º ciclo participando no obradoiro

O alumnado de 2º e 3º ciclo participou nun obradoiro "Por xogar co lume" organizado pola Obra Social de Caixa Galicia.

A través de xogos o alumnado descubriu estratexias para evitar os incendios e como actuar en caso de producirse algún.

Entroido 2007

Celebramos o entroido con varias actividades:

O meco: con roupa vella e papeis de periódico confeccionamos o meco que colgamos da fachada do edificio, en torno a esta figura xiran todas actividades.

As comadres e os compadres: todo o alumnado do centro elabora nas clases de plástica as comadres e os compadres con papeis de diferentes tipos e cores. Posteriormente en xoves alternativos (xoves de comadres e xoves de compadres), saímos ó patio a celebrar a festa.

O xogo do meco: ó longo da última semana do Entroido, o meco da as súas ordes a toda a comunidade ecucativa, son ordes moi disparatadas como: levar algo vistoso na cabeza, levar un zapato dunha maneira e outro doutra, levar perruca, ir ó cole en zapatillas e bata de casa...).

O desfile: este curso disfrazámonos de pallasos; con bolsas de plástico e papeis de diferentes cores elaboramos os disfraces. O venres, ultimo día de clase, saímos polas rúas do pobo acompañados por membros de Protección Civil do concello e un bo número de pais e nais.

Para ver as fotos desta festa vai a galería

"Plantando árbores"

      En colaboración co grupo medioambiental "Amigos da Terra" e o centro medioambiental "As corcerizas" situado na Serra de San Mamede no noso concello, levouse a cabo un obradoiro no que se pretendía concienciar ó alumnado no coidado e o respecto polas nosas árbores, dar a coñecer as árbores autóctonas e a súa importancia no bo funcionamento dos nosos ecosistemas.

     A actividade comezou no centro escolar onde, mediante xogos e actividades prácticas reflexionamos sobre as características das árbores que iamos plantar, importancia de repoboar con árbores autóctonas, funcións das árbores...  Posteriormente desplazámonos ó monte comunal de Arnuíde e nunha zona que foi arrasada por un lume forestal, plantamos un cento de  árbores autóctonas (teixos, acivros, bidueiros, pradairos, castiñeiros, carballos...), desta maneira contribuímos a recuperar o noso monte.

Para ver as fotos entra na galería

Desafíos do Entroido

     Os desafíos eran unha especie disputa entre os veciños de dous pobos durante a época do Entroido. Primeiro xuntábanse os habitantes dun dos pobos, disfrazábanse con  roupas de moitas cores incluso colchas, adornaban un carro e tamén burros e cabalos. Así cheos de colorido marchaban cara un dos pobos veciños, a este tipo de disfraz chamábanlle reinado. Polo camiño  ían tocando e cantando. Os habitantes do pobo veciño ó velos vir corrían a recibilos, ataban unha corda no camiño para atrancárllelo paso e alí comezaba a disputa ou desafío. Sempre se puñan a disputar as persoas do pobo que máis habilidade tiñan para facer versos. Despois de estar un pouco disputando quitaban a corda e cantaban e bailaban todos xuntos. Estes foron recollidos en Penouzos,un pobo do concello de Vilar de Barrio.

 Miña nai e maila túa     Miña nai e maila túa 
 fixeron unha merendiña.     fixeron unha empanada.
 Túa nai como era fina     Túa nai como era fina
 comeulle a merenda á miña.     deixou á miña sen nada.

                                                                                                    

Teño unha albardiña feita   Teño unha albardiña feita 
feita de palla mollada.  feita de mil perindengues
Para botarlle a ese burro  Para botarlle a ese burro
que non sabe dicir nada.  que non rinche tanto os dentes.

          

       

Teño unha herba na horta   Teño unha herba na horta 
que reventa polo pé.  que lle chaman a Luísa
Tamén as e reventar ti  Tamén as de reventar tu
por dicir o que non é.  por non ir nunca á misa.

                                    

Teño unha herba na horta   Teño unha herba na horta
 que lle chaman azafrán.  que lle chaman a teseira
 Para discutir comigo  Para discutir comigo
 cómpreche a lingua dun can  cómpreche a lingua lixeira.

Plástica

Pintando pedras

Pedras pintadas polo alumnado de 5º e 6º de Primaria

       

Distribuir contido