Curso 06-07
Despedimos á cociñeira
Despois de 20 anos traballando no centro primeiro como axudante de cociña e últimamente como cociñeira, o 22 de marzo xubilouse Carmen. Todo o alumnado do centro quixo facerlle unha pequena homenaxe como gratitude pola súa entrega e coidado. O sentir xeral era: "Carmen, gústannos as túas comidas, gustannos os teus macarróns, os teus zancos de polo, as túas lentellas, ata nos gusta o teu caldo..."; o certo é que Carmen sempre mostrou un interese especial por facer as súas comidas daquela maneira que mais lle gustaba ós nenos e nenas.
A homenxe por parte do profesorado e demais compañeiros e compañeiras moitos deles xa xubilados aplazouse para o día 4 de maio.
Dende este espazo queremos desexarche que desfrutes desta nova vida.