Localización
As terras da Limia
A CRTVG en colaboración co Consello da Cultura de Galicia realizou unha serie de vídeos titulada "Xeografía Galega". Aquí deixamos o que ten incluída a nosa comarca. "As Terras da Limia e Monterrei".
Vilar de Barrio en mapas
Situación:
Como chegar: Dende Ourense pola A:52 dirección Madrid ata Xinzo de Limia, collemos a saída: Xinzo de Limia e logo dirección Vilar de Barrio (15 Km).
Mapa do concello: Dous mapas cos límites do Concello
Rutas de sendeirismo pola Serra de San Mamede:
Ruta da prata:
Este camiño da Vía da Prata é unha alternativa á peregrinación a Santiago, que polo seu interese paisaxístico e incluso humano resulta dun gran atractivo
Vilar de Barrio: Situación
SITUACIÓN
O concello de Vilar de Barrio, que forma parte da comarca de A Limia, atópase no centro da provincia de Ourense, a 15 quilómetros da vila de Xinzo de Limia. Ocupa unha extensión de 102,20 km cadrados. Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estadística (IGE) no ano 2007 a súa poboación ascendía a 1775 habitantes. Está distribuída en 9 parroquias (Alberguería, Arnuide, Bóveda, Maus, Padreda, Prado, Rebordechao, Seiro e Vilar de Barrio) en 20 lugares ou aldeas repartidas ó longo do termo municipal dunha forma pouco uniforme
DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
Dende o punto de vista físico, no concello de Vilar de Barrio distínguense tres sectores claramente diferenciadores: na parte occidental atópanse as terras máis baixas, que non superan os 800 metros de altitude. Nesta parte a súa vez distínguense dúas zonas; a primeira localizada ó oeste, é a zona que forma parte das terras chás de A Limia no que foi a Lagoa de Antela e que non superan os 600 metros de altitude; a segunda son as terras que forman parte da conca do río Arnoia.
No sur as altitudes superan os 800 metros. Esta zona sitúase entre a marxe dereita do río Arnoia e os montes da Alberguería.
O terceiro sector atópase ó este. Alí o terreo é montañoso con elevacións importantes que forman parte da Serra de San Mamede e que superan os 1000 metros de altitude (Penedo de Lebre, 1.246 metros; Alto de Sabugar, 1.461 metros).
O río Arnoia, que nace na Serra de San Mamede e que superan os 1.000 metros de altitude, xunto cos seus afluentes, Rego de Quintela e Río Pequeno, constitúen os recursos fluviais máis significativos.
A elevada altitude media destas terras (por enriba dos 800 metros) confírelle un clima oceánico de montaña, acentuándose especialmente durante o inverno.
Vilar de Barrio: Breve historia
HISTORIA
A presencia da cultura no municipio faise evidente polos restos das construccións castrexas que se conservan en Bóveda e no Monte Castelo. Neste último apareceron unha serie de lápidas de carácter funerario que parecen demostrar que estes asentamentos eran tamén lugares de residencia estable.
Son poucos os restos que se conservan da presencia romana neste territorio, probablemente debido a que as incursións romanas nesta primeira fase de conquista tiñan máis un carácter de exploración ou pillaxe que de asentamento propiamente dito.
O monte Castelo
Entre os pobos de Bóveda, Gumareites, San Miguel e Padreda, coroado de penedos e a unha altura de 793 m. sobre o nivel do mar no seu punto mais alto chamado As Torres, érguese o Monte Castelo. Aquí houbo un importante castro e un castelo medieval: o castellum Sancti Iohannis. Atopouse bastante cerámica prerromana, romana e medieval nos arredores. Pódense atopar os alicerces dalgún muro medieval e un túnel, tamén medieval, escavado na peneda. Na veciñanza pódense ver, nos penedos, pías e outros sinais da longa moradía neste lugar. Conta a lenda que no Castelo viviron os mouros. Hai alí unha cova grande, -o burato dos mouros- e fonda na que os veciños hai tempos fixeron escavacións. Contan que ten unha grande boca que é a entrada a uns grandes corredores. Dentro atopouse a imaxe dun santo cun candeeiro de metal na man, - o Mercurio- que se atopa no museo arqueolóxico de Ourense. Parece que ó entrar no burato hai un penedo moi grande embazando a entrada ós corredores. Di a lenda que ese penedo tapa a entrada a unha sala ancha, con tesouros. Tamén contan que uns canteiros ó arrincar pedra, atoparon unha espada.
Remontándonos á historia máis recente, a maior parte das feligresías que compoñían o antigo termo municipal de Vilar de Barrio, estiveran sometidas ó poder de grandes casas señoriais e da igrexa que exercían xurisdicción sobor os veciños do lugar e, o mesmo tempo, cobraban seus impostos. Así, o Marqués de Bóveda exercía señorío e xurisdicción na parroquia de Bóveda; o Marqués de Sierra na de Seiró e o Arcediano de Varonceli na parroquia de Alberguería. Nembargantes, a maior parte das feligresías estaban sometidas ós dominios do Arzobispo de Valladolid que exercía xurisdicción nas parroquias de Arnuíde, Vilar de Barrio, Prado, Rebordachao e Riobó.
Vilar de Barrio: datos de interese
ANÁLISE SOCIECONÓMICA
A falta de recursos económicos, a baixa rendibilidade da agricultura e a falta de traballo, obrigou a que nos anos 70 se producira un desprazamento masivo da poboación cara a outras zonas de España (Cataluña, País Vasco ou Madrid) e de Europa (Alemania, Suiza ou Francia). Na actualidade estes desprazamentos estanse producindo cara as vilas próximas, sobre todo Xinzo de Limia e a capital Ourense. O proceso emigratorio e o retorno de emigrantes especialmente a partir dos anos 80, influíu de forma directa nos parámetros demográficos: poboación moi envellecida ( o 32,7% ten máis de 60 anos) e diminución da natalidade.
A principal actividade económica que se desenvolve no concello é a agraria, xa que o 44,8% da poboación activa traballa no campo, no que caben destacar certas innovacións e procesos de modernización agrícola e gandeira (concentración parcelaria, mecanización agrícola e o cooperativismo). Estase vendo o aumento considerable de granxas.
A pataca é o principal producto que se recolleita no concello e representa un papel fundamental no desenvolvemento económico da zona, ó destinarse boa parte da súa producción á comercialización, quedando o resto para autoconsumo. Ademais da pataca tamén se cultivan cereais e diversos productos da horta.
Esta actividade agraria complétase cunha cabana gandeira relativamente importante na que destaca o gando bovino destinando a súa maior parte para producción de leite, seguido do porcino con algunhas granxas de producción e engorde.
É importante resalta-lo desenvolvemento da apicultura, como unha actividade en clara expansión. Nembargantes, a maior parte da producción oriéntase ó autoconsumo e en menor medida á comercialización.
O 70% dos terreos dedícanse á explotación forestal, cultivando tanto madeira para a industria como as arbores froiteiros.
CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO
Ademais dos restos que quedan dos castros situados en Bóveda e en Padreda, así como os restos de Lápidas funerarias, pódense visitar restos que evocan a presencia romana; a ponte sobor o río Arnoia en Arnuide, e parte da vía romana que ía de Chaves ata Verín.
Tamén merece a pena visitar as casas solariegas do século XVIII, pertencentes ó Marqués de Bóveda, así como a dos señores dos Gaioso en Padreda que son testemuña da influencia que sobre o concello exercían estas familias señoriais. Tamén hai numerosas ermidas distribuídas por todo o concello, destacando a capela de San Lourenzo, a ermida dos Dolores e a de San Antonio.
Por outra banda, tanto o río Arnoia como a zona montañosa da Serra de San Mamede, ofrecen a posibilidade de poder practicar deportes como a pesca ou a caza. Tamén se construíu un área recreativa en Arnuide nas beiras do río Arnoia.
FESTAS
Son numerosas as festas locais que o longo do ano se celebran, sobor de todo nos meses de Xullo e Agosto. De entre todas elas hai que destacar a de Vilar de Barrio na honra ó principal producto da zona, a pataca. Esta festa ten lugar tódolos anos a primeiros de Outubro, unha vez feita a recolleita. A súa finalidade principal consiste en potenciar tanto o consumo como a comercialización da pataca xa que representa un papel fundamental nesta zona para o seu desenvolvemento económico
O día 9 de cada mes é a feira deste concello.
GASTRONOMÍA TÍPICA
Comidas:
- Empanadas.
Cocido Galego.
Asados.
Cacheira.
Postres típicos: - Tarta Real.
Roscón.
Torradas.
Rosquillas tradicionais.
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Ten estación de tren, pertenece á liña que une Zamora-Ourense. As carreteras locais atópanse en bó estado. A 15 Km da capitalidade do municipio temos á entrada da autovia das Rías Baixas (en Xinzo de Limia). Hai unha empresa de transportes que realiza servicios de linea regular cara Ourense e cara Verín por Laza.
Tódolos núcleos de poboación contan con lineas de teléfono e na localidade temos conexión a internet de banda ancha. Hai cartería de correos con dúas pesoas que cubren tódolos pobos do Concello.
DIRECCIÓNS E TELÉFONOS DE INTERESE
Concello 988449001
Centro de Saúde 988449470
Garda Civil 988449000