Meteoescolas

Vista a Meteogalicia

Co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixemos unha vista didáctica ás instalacións de Meteogalicia. Foi unha actividade moi interesante para completar o noso proxecto de Meteoescolas.

 

Os meses e as estacións con mBot

Neste curso puxemos en marcha o proxecto "Introdución da robótica en Primaria" da Consellería de Educación. Para traballar os meses do ano e as estacións utiizamos os mBots.

- Fase de documentación: buscamos información sobre o sistema solar. Os movementos da terra. Os meses e as estacións.

- Deseño: con cinta adhesiva recreamos no chan da clase as órbitas dos planetas colocando tamén o sol. Colocamos os nomes dos meses do ano e as estacións.

- Programamos os mBots co sensor segueliñas.

- Puxemos o robot na órbita do planeta terra e a medida que ía pasando polos diferentes meses ímolos dicindo e  o mesmo coas estacións do ano.

- Creamos uhna árbore a cal representamos nas diferentes estacións do ano. Na primavera chea de follas, no verán chea de froitas, no outono con follas marróns e laranxas e no inverno sen follas. A medida que o mBot vai pasando polas diferentes estacións vai aparecendo unha fase da árbore

 

 

Investigando coa presión atmosférica

Co alumnado de 3º curso experimentamos cos efectos da presión atmosférica.

Materiais: unha lata de refresco, auga, pinzas, fonte de calor

Procedemento: esta actividade levámola a cabo na cociña do cole. A parte de contacto co lume foi feita pola profesora.

Botamos auga na lata, pómola ó lume, cando a auga comeza a ferver collemos a lata coas pinzas de damoslle a bolta enriba dunha bandexa con auga fría. Ó momento vemos como a lata se encolle.

 

 

Álbum: Meteoescolas -> Presión atmosférica

Estación meteorolóxica

Montamos a nosa estación meteorolóxica. De momento  temos un termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro. Pouco a pouco iremos completando.

 

Álbum: Meteoescolas -> Estación meteorolóxica

Cambios de estado

Co alumnado de 1º, 2º e 3º experimentamos os cambios de estado.

Materiais: xeo, un cazo, un prato de cristal,  fonte de calor.

Procedemento: pomos o xeo nun cazo e quentámolo, vemos como pasa de estado sólido a líquido. Seguimos quentando ata que vemos o vapor de auga. Tapamos cun prato de cristal poñendo enriba do mesmo uns poucos xeos. Vemos como no fondo do prato se van condensando gotas de auga e a medida que se van facendo máis grandes, can en forma de chuvia.

 

Álbum: Meteoescolas -> Cambios_estado

Creando chuvia en botellas de auga

Co alumnado de 3º curso fixemos un experimento para recrear o ciclo da auga.

- Materiais: auga, unha botella de plástico, xeos, colorante azul.

- Proceso: 

     . Cortamos a botella pola metade.

     . Na parte inferior botamos auga quente con colorante.

     . Na parte estreita da botella (co tapón posto) engadimos xeos

     . Pomos a parte estreita da botella sobre a inferior co tapón cara abaixo.

- Observación: vemos que pouco a pouco a parte de arriba baixe enchendo de gotas de auga condensadas, ó xuntarse fanse gotas máis grandes que acaban caendo en forma de chuvia.

 

Álbum: Meteoescolas -> Fabricando_choiva

Calendario meteorolóxico

O alumnado de infantil ó longo do curso tamén fixeron de meteórologos, todos os días se fixo observación do tempo, e nas tabletas elaboraron os seus calendarios meteorolóxicos particulares. Tamén nos serviu para traballar as matemáticas ABN, fixeron taboas contando os días de chuvia, sol etc de cada mes.

Premendo na imaxe podemos ver as fotos

 

Álbum: Meteoescolas -> Calendario meteo

Proxecto "As capas da terra"

Neste proxecto no cal participou todo o alumnado de 4º,5º e 6º de Educación Primaria nas materias de plástica e ciencias sociais fixemos unha representación das capas da terra.

O alumnado traballou por grupos. Cada grupo traballou unha capa da terra: geosfera, hydrosfera, biosfera, atmosfera.

- Fase de documentación. O alumnado busca información sobre a súa capa: partes, composición etc.

- Fase de deseño: facemos un deseño do que queremos mostrar en cada capa e logo faise unha posta en común e entre todos deséñase o modelo final.

- Fase de elaboración:

. A geosfera elaborámola con area tinguida con pintura a cal lle engadimos cola branca. Con esta mistura imos construindo as diferentes capas (núclo, manto e codia). Á hora de construir a codia imos dando forma ás diferentes formas do relevo (montañas, ríos, lagos, maares).

. Sobre a codia da geosfera con pintura azul coloreamos as masas de auga: ríos, lagos, mares, auga subterránea.

. Sobre a codia coloreamos a biosfera con diferentes cores, verdes, marróns ... e colocamos diferentes seres vivos.

. A atmosfera fixémola sobre unha plancha de poliespan na cal situamos as diferentes capas da atmosfera.

-Fase final: cada equipo rotulou cada capa coas diferentes partes.

Todo esto foi elaborado utilizando a lingua inglesa pois estas materias impártense nesta lingua.

Pinchando na imaxe podemos ver as fotos

 

Álbum: Meteoescolas -> Capas da terra
Distribuir contido