Taboleiro

Blog alumnado 1º2º3º

O mestre e o alumnado de 1º,2º e 3º xa teñen un blog onde van pondo os seus traballos.

Están feitos uns "artistas".

 

Xogo das siluetas

Neste xogo tes que atopar siluetas de animais escondidas nun tapiz de formas e cores, a medida que vas pasando de nivel a cousa vaise complicando, a ver ata onde eres capaz de chegar

números decimales

Con este vídeo serache moito mais fácil entender os números decimais

xoguetes

Chegou o Nadal e nesta época na que os nenos e nenas andan moi preocupados pensando que pedirlle ós Reis Mago, no noso cole (en colaboración coa ASPG)realizamos un obradoiro no cal o noso alumnado elaborou xoguetes con material de refugallo. Pasárono moi ben facendo os xoguetes pero seguro que o pasan mellor xogando con eles.

Queredes ver como facer?:

- Unha serpe con caixas de ovos.

- Un barco con bandexas da carne.

- Gafas con bandexas da froita.

- Bonecas con bandexas da froita.

- Un autobús con caixas de leite.

- Etc

Visita a nosa Galería e alí terás todas as fotos.

»»»»»

Buscando na Rede tamèn se poden atopar cousas interesantes. Neste estupendo blog Actidulis, atopamos este artigo onde nos din como crear un monedero a partir dun cartón de leite.

para acceder pincha aquí

CELGA

A Orde do 16 de xullo do 2007 (DOG do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Neste enlace podes atopar dita orde e como solicitar as convalidacións correspondentes.

Ligazón á Orde

Ligazón á correción de erros do 13 de setembro.

Podes atopar mais información na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Creacións Plásticas

Día do pai:

Para celebrar o día do pai o alumnado de  5º e 6º realizaron construcións en 3D, aquí tes o paxaro que fixo Juan e o oso de Sandra. Podes pinchar neste enlace e atoparás os modelos para facer estas construcións e moitas mais.

  

Proceso creativo

Gústache esta imaxe?. Pois agora podes ver como foi feita.

 

Pintar

Aquí tes varias aplicacións para pintar:

 

 Aquí ademais de poder facer as túas propias obras poderás ver o proceso de creación das feitas na galería.

Aprende as tablas de multiplicar

Con este xogo podes traballar as tablas de multiplicar:

Aprende mecanografía

Con estes xogos que seleccionamos podes aprender mecanografía dunha maneira divertida:

Varias aplicacións para practicar mecanografía:
Distribuir contido