Día do libro
Para celebrar o día do libro dende a biblioteca, a Araña Maraña propúxonos uhna actividade moi interesante na que participaron alumnado e familias.
Un traballo moi interesante.
Pinchade no enlace para ver a actividade e escoitar os traballos realizados
Escola de familias
Dende o Concello de Vilar de Barrio ofertan varios obradoiros destinados as familias sobre procesos de comunicación e xestión de conflitos. Dende o colexio animamos a que participen, pois son temas que poden resultar moi útiles á hora de educar ós nenos e nenas.
Os obradoiros terán lugar os días 28 de abril, 12 e 26 de maio na biblioteca municipal.
Teléfono para inscricións e máis información 629352269
Responsabilidade das familias á hora de enviar o alumnado ó colexio
Nesta situación que estamos a vivir é moi importante a colaboración de todos para que ter no colexio un entorno seguro.
No protocolo da Consellería de Educación e no do centro educativo establece: "Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínicoepidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
Para cumplir con este protocolo achégase Anexo I cos síntomas a revisar e modelo de declaración responsables que terán que asinar as familias ó principio de curso
Uso da máscaras por parte do alumnado
Para o uso de máscaras debido á pandemia do COVID-19 establecemos as seguintes normas:
- Uso obligatorio de máscara para todo o alumnado a partir de 1º de primaria.
- Uso recomendable de máscara para o alumnado de Educación Infantil.
- O alumnado usará a máscara todo o tempo, só poderá quitala para comer.
- O alumnado traerá unha bolsa con cordón ou asa longa para poder colgala ó pescozo onde gardará a máscara mentres come.
- O alumnado ten que ter unha máscara de reposto. O colexio terá máscaras de reposto por se fose necesario cambiar ou repoñer a que traen da casa polo que non é necesario traer da casa esa máscara de reposto pero se algún alumno ou alumna fai un uso reiterado desta máscara de reposto, entonces si que tería que traela da casa
Comezo de curso
Segundo resolución da Consellería de Educación do día 1 de setembro o alumnado incorporarase de forma gradual segundo ese calendario:
- Dia 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Infantil e 1º,2º e 3º de Primaria
- Día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria
Bolsas de comedor 2020-2021
BOLSAS DE COMEDOR PARA O CURSO 2020-2021
Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar e participar no fondo solidario de libros de texto
Publicada a orde de convocatoria para o vindeiro curso.
Maís información AQUI
Titorial de Webex para alumnado e familias
AQUÍ TES UN TITORIAL DE COMO UTILIZAR A APLICACIÓN WEBEX para conectar tabletas e mobiles
AQUÍ O TITORIAL PARA CONECTAR CO ORDENADOR
Ánimos para todo o noso alumnado
Estes días tan especiais que estamos a vivir, o persoal do centro quere mandar unha mensaxe de esperanza e de ánimo ó noso alumnado e ás familias. Queremos dicirvos moitas cousas pero ás máis importantes quixemos sintetizalas nestes minutos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »