Responsabilidade das familias á hora de enviar o alumnado ó colexio
Nesta situación que estamos a vivir é moi importante a colaboración de todos para que ter no colexio un entorno seguro.
No protocolo da Consellería de Educación e no do centro educativo establece: "Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínicoepidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
Para cumplir con este protocolo achégase Anexo I cos síntomas a revisar e modelo de declaración responsables que terán que asinar as familias ó principio de curso