Proxecto de transformación de espazos
Aproveitando que xa temos en marcha a nosa radio. Elaboramos un programa para dar a coñecer o proceso de transformación de espazos durante este curso escolar. Tamén fixemos videos co noso alumnado explicando os diferentes recunchos.
Dado que os imos presentar nunha xuntanza en Madrid dentro do proxecto "Samsung Smart School" foron feitos en castelán.
Pincha nas imaxes para ver os diferentes vídeos
Os escritores Xoan Babarro e Ana Mª Fernández visitan o cole
O venres tivemos a visita da parella de escritores Xoan Babarro e Ana Mª Fernández. Todo o alumnado do cole tivo a sorte de escoitar as súas ensinanzas. Ademais aproveitamos para que visitaran a nosa radio e facerlles unha entrevista.
Na galería podedes ver as imaxes e dándolle a reproducir podedes escoitar a entrevista que lle fixeron os nosos superxornalistas.
E non vos perdades os fermosos versos que Xoan lle adicou ó noso concello
Xornada de formación laboratorio de Radio na Biblio
Enviado por admin1 o Dom, 04/02/2018 - 22:22Neste curso fomos un dos seleccionados pola Consellería para participar no proxecto piloto "Laboratorio de Radio na Biblio". O pasado xoves tivemos unha xoranda de formación dirixida ó alumnado e ó profesorado por parte do colectivo "Ponte Nas ..... Ondas". Aprendemos normas de dicción, vocalización, como interpretar un texto escrito, como elaborar un guión, traballamos na edición de audios co programa Audacity e como tarea final o alumnado máis grande traballando por parellas elaboraron un guión segundo diferentes temáticas e gravamos o noso primeiro programa de radio.
Preme na foto
Día da Paz 2018
Enviado por admin1 o Dom, 04/02/2018 - 21:57Celebramos o Día da Paz na biblioteca.
As nosas colaboradoras colaboraron lendo contos ós máis pequenos.
Coloreamos mandalas de Paz e con elas elaboramos o noso mural, a árbore das froitas da Paz.
Xogamos cunha plantilla sobre emocións e estados de ánimo cos Escornabots.
Programamos o sensor segueliñas do Mbot e con eles fixemos os camiños coa palabra Paz. Todo un reto.
O alumnado participou na gravación deste vídeo cos nosos desexos de Paz. PREME
Pincha na foto para ver as imaxes.
Luces de Nadal
Enviado por admin1 o Dom, 04/02/2018 - 21:48Na materia de plástica no Nadal traballamos cos nosos robots Mbot. Comezamos construindo casas con caixas de cartón. Logo utilizando a placa Mcore do Mbot, conectamos a matriz led e as luces led. Progrmamos a matriz led con mensaxes de Paz e de Nadal e as luces led para que alumbren cada unha dunha cor.
Colocamos as matrices nos tellados e nas ventás as luces led. E conseguimos iluminar as nosas casas para o Nadal.
Compoñentes do Mboot:
Dous módulos led conectados nos portos 1 e 2
Matriz leds conectada no porto 3
Placa mCore
Web calculadora de color RGB
https://www.w3schools.com/colors/colors_rgb.asp
Pincha na foto
Proxecto Patio
Enviado por admin1 o Dom, 04/02/2018 - 21:05Neste curso 2017-2018 estamos levando a cabo un proxecto de transformacion do patio do colexio. Para levalo a cabo contamos coa colaboración das famlias. Tan pronto como por parte da dirección se lle presentou o proxecto a resposta das familias foi impresionante. Este album de fotos é unha pequena homenaxe a todos/as aqueles que de forma interesada dedicaron o seu tempo libre para compartilo co colexio e crear estes estupendo espazos.
Pincha na foto
Magosto 2017
Enviado por admin1 o Sáb, 03/02/2018 - 21:11Escornabot na biblioteca
E chegaron os Escornabots á biblioteca. Aquí temos un titorial de montaxe feito pola coordinadora en colaboración co resto do profesorado e alumnado.
Charla sobre reciclaxe e xestión de resíduos nos fogares
Neste curso estivemos levando a cabo un proxecto de reciclaxe no cal o noso alumnado investigou e elaborou diferentes materiais. Para trasladar toda esta información á poboación en xeral temos previsto unha charla que será impartida polo alumnado no salón de actos do concello.
Nela trataranse temas como:
- Que facer co lixo que se xenera nos fogares.
- Que debemos botar en cada contedor.
- Que se fai co lixo dos diferentes contedores.
-Como reducir a cantidade de lixo.
-Como reusar diferentes produtos.
Se tes interés por saber que facer co aceite usado, onde botar un teléfono que xa non sirve, a onde levar un televisor vello e moitas cousas máis.
Se queres contribuír a que o entorno no que vives estea máis limpo e coidar o noso planeta.
Non deixes de asistir a este acto.
Ó remate do mesmo haberá agasallos para tosos os asistentes.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »