Co alumnado de 4º,5º,6º elaboramos unha maqueta para traballar o sistema solar cos mBoots.
Unha vez que tivemos todo montado tamán a aproveitamos para traballar cos cursos máis baixos e con infantil
No chan da clase facemos un esquema do sistema solar. Con cinta adhesiva de cor negra marcamos as órbitas dos planetas. Buscamos información sobre cada planeta e facemos un modelo de cada un en bolas de porespan. Tuneamos os robots coas bolas. Para completar o esquema con cachos de cinta adhesiva de diferentes cores marcamos o cinto de asteroides.
A un lado da órbita da terra marcamos no chan con cinta adhesiva os nomes da estacións do ano e ó outro lado os meses.
Programamos os robots co sigueliñas.
Unha vez que temos todo montado permítenos realizar diferentes actividades cos diferentes cursos.
- O alumnado fai de planetas e vanse desprazando pola súa órbita en sentido contario ás agullas do reloxo arredor do sol.
- Os robots son os planetas. Pómolos a camiñar todos xuntos e vemos cal chega antes e cal tarda máis. Introducimos o concepto de ano e vemos que o ano ten diferentes duracións nos diferentes planetas.
- Pomos a andar os planetas interiores ou os exteriores.
- Quedámonos solo co planeta terra, o alumnado séntase no chan, a medida que a terra vai pasando polas diferentes estacións ímolas nomeando. Facemos o mesmo cos diferentes meses do ano.
DIFICULTADES
Para marcar as órbitas axudámonos deste vídeo https://www.youtube.com/watch?v=GMTtTW2uWfw
Cando facemos as letras cos nomes dos meses e as estacións debemos polas o suficientemente separadas das órbitas para que non teñamos problemas co segueliñas.
Para que nos funcione ben o segueliñas no chan debemos procurar que os robots teñan as baterías ben cargadas
PROPOSTAS DE MELLORA
Intentar programar o robot- planeta terra para que faga os movementos de rotación e translación ó mesmo tempo.
Programar o robot planeta terra para que ó pasar polas diferentes estacións se ilumine o led de abordo dunha cor diferente ou que varíe a intensidade luminosa.
Programar o planeta-robot terra para que a medida que pasa polos diferentes meses ou estacións apareza ese mes ou estación escrito na matriz led. Ou un debuxo coa evolución dunha planta ó longo do ano.
Pincha na imaxe para ver as fotos