Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

VISITA DE HELEN ROCA

O alumnado de educación Infantil recibiu hoxe a visita de HELEN ROCA, xogadora de rugby e deportista olímpica. Moitas grazas por todo o que aprendimos deste fantástico deporte.

O FACHO OLÍMPICO DE BARCELONA´92

No xuño de 1992 o facho olímpico de Barcelona´92 ,no seu percorrido polas dezasete comunidades autómas, pasou por Vilaboa. Pois, no 2024, grazas a unha colaboración familiar, retornou a vila pero nesta ocasión para percorrer o noso cole. 

PREME NA IMAXE PARA DESCUBRIR A SÚA VIAXE.

 

8 M-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para non esquecer o importante papel que desempeñan na sociedade as mulleres. Traballouse través de múltiples actividades nas aulas: buscando información e imaxes, redactando biografías, traballos de plástica...

Aquí vai unha mostra. Preme nas imaxes para velas máis grandes ou acceder aos vídeos. Feliz día!

 

PUNTO LARANXA

Hoxe foi instalado o PUNTO LARANXA. Un espazo físico no que se pode comunicar, de modo anónimo, unha situación de posible situación de acoso escolar ou ciberacoso.

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Normativa que regula o proceso de admisión de alumnado:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O proceso de solicitude terá lugar entre o 1 e o 20 de marzo de 2023, ambos inclusive.

Serán utilizados os modelos ED550B e ED550B-bis para a solicitude.

Poderase descargar nesta web ou recollelo na conserxería do centro. Tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da Consellería competente en materia de educación.

A presentación de solicitudes no colexio, do 1 ao 20 de marzo, en horario de mañá.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN

- Modelo de solicitude.

- Acreditación da idade do alumno/a: DNI, pasaporte, libro de familia (hai que traer orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas)...

- Certificado de matrícula, no caso de estar xa escolarizado/a. Este certificado pídese no centro de procedencia.

- Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

- Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

* Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

* Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

* Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

(A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados).

É posible autorizar na propia solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidaderecoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

- O 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. As listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles.

- O 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes.

 

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

* O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro, do 20 ao 30 de xuño

 

COIDANDO O MEDIO AMBIENTE

O alumnado do terceiro ciclo, a través de COAWA e do equipo docente, continúa a formarse na importancia do coidado do medio ambiente.

INTERCAMBIO DE CARTAS

O alumnado de 5º de Primaria está realizando un intercambio de correspondencia co centro americano George F. Kelly Elementary en Chelsea, Massachusetts.

 

VISITA DE ALBERTO SEOANE

Hoxe recibimos a visita do gran deportista coruñés ALBERTO SEOANE. 

Grazas por compartir o teu tempo connosco. 

 

DÍA DE ROSALÍA 2024

Xa está dispoñible a celebración do DÍA DE ROSALÍA no blog HABELAS HAINAS 7.0 do Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa recopilación de imaxes e o recitado do alumnado de 1º de EP.

ENTROIDO 2024

Subide o volume e gozade do Entroido nas Olimpíadas do noso cole!

  

  

Para acceder ao vídeos do desfile, preme enriba de cada grupo:

- ACTUACIÓN GRUPO EDUCACIÓN INFANTIL.

- ACTUACIÓN GRUPO 1º E 2º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 3º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 4º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 5º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 6º EP.

Distribuir contido