O venres foi día de mercado no cole para os nenos e nenas de segundo. Despois de investigar sobre algúns pratos típicos da cociña galega, como polbo á feira, a empanada galega, o caldo ou o lacón con grelos, fomos ao "mercado". Adiviñades canto gastamos para mercar os ingredientes de cada prato? Para completar esta actividade, visitamos un supermercado próximo. Coñecemos en persoa as diferentes seccións, oficios e EPIs que empregan. A visita rematou cunha pequena merendola. Para algúns non resultou de todo doce!!
|
|||
|
|||
O alumnado de 5º de EP comeza o seu percorrido polo Patrimonio natural galego cunha primeira parada nas Fragas do Eume.
|
|||
De acordo coa resolución do 10 de setembro de 2024, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 18 de setembro de 2024), a Xunta Electoral de este Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoriade eleccións ao Consello Escolar.
|
|||
|
|||
Visitar o parque de bombeiros da Coruña foi unha experiencia inolvidable para os nenos e nenas de segundo. Aprenderon moito sobre as rutinas, o traxe, os camións e algúns utensilios e ferramentas que empregan para os rescates e a extinción de incendios. Despois, foron merendar ao parque de San Pedro gozando da paisaxe. Que ben o pasaron no labirinto! Por pouco teñen que chamar aos bombeiros para sair del!
|
|||
Os nenos e nenas de segundo saíron a ver a pegada que Urbano Lugrís deixou na vila durante os anos nos que foi veciño da mesma. Tamén viron un mural que reproduce dúas das súas obras.
|
|||
Co obxectivo de achegar ao alumnado o ciclo da vida dos animais, criamos no cole ovos de galiñas reproducindo as condicións óptimas para a súa eclosión... queredes ver que ocorreu? criamos pitiños de Lidia PG |
|||
Na primeira semana de outubro recibimos a visita do “Club de Esgrima Culleredo”. O alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria introduciuse neste deporte descubrindo os seus inicios, os materiais empregados, as súas modalidades, aspectos regramentarios, así como oshorarios e localización dos adestramentos do club. Ademais, puxemos en práctica movementos e desprazamentos básicos (“marchar, romper, fondos...”). Con esta colaboración contribuimos a desenvolver obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD).
|
|||
Os nenos e nenas de segundo de primaria saíron a camiñar para continuar coas súas pesquisas do noso concello, Culleredo, e remataron en Vila Melania pasando un bo anaco entre os libros da súa biblioteca. De seguro que pronto os volvemos atopar polas rúas investigando máis servizos municipais! |
|||