Publicados tanto a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado e In educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H) como as correspondentes Instrucións, recollen os seguintes aspectos: Beneficiarios/as: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir: Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde. Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE. Prazo de solicitude: Do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 22 de abril de 2025. Pódese presentar telematicamente a través da SEDE ELECTRÓNICA ou ben de forma presencial no centro os impresos de solicitude e documentación complementaria especificada a continuación: 1. Anexo I e Anexo II 2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. 3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. |
|||
|
|||
A escritora galega Érica Esmorís, autora de entre outras obras Patio de luces pola que gañou o XI Premio Ciudad de Málaga, participou unha charla-coloquio co alumnado do terceiro curso de primaria. Moitas grazas por compartir este día connosco.
|
|||
|
|||
Este curso participamos por primeira vez, co alumnado de 1º e 2º de Primaria, en DAFIS (Datos sobre a valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade e axilidade-velocidade). Estos datos permítennos coñecer en qué estado físico se atopa cada alumno/a. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades. A continuación, presentamos algunhas das probas físicas que forman parte do protocolo:
|
|||
No corredor do primeiro andar atopamos a exposición creada polo alumnado do 1º curso de primaria con obxectos elaborados a partir das 3R: reducir, reciclar e reutizar.
|
|||
O alumnado do primeiro ciclo desprazouse ó Auditorio Gustav Mahler do conservatorio de Culleredo para desfrutar do concerto didáctico A MÁQUINA DAS EMOCIÓNS creado polo equipo docente deste. Esta obra presenta algúns instrumentos e amosa como a través da música podemos expresar e canalizar as nosas emocións.
|
|||
O alumnado do terceiro ciclo continúa formándose grazas ás charlas, realizadas por membros da Garda Civil, dentro do Plan Director.
|
|||
Unha fermosa xornada a vivida polo alumnado do primeiro ciclo na saída á granxa O Ventoso (Laracha) onde, entre outras moitas actividades, montaron en pony e deron de comer á burra Lady.
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »