A partir de hoxe, 16 de xaneiro, ata o 6 de febreiro, comeza o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
Tedes toda a información na páxina da Consellería, premendo AQUÍ.
A primeira parte do proceso é a de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para o IES ao que estamos adscritos, no noso caso, o IES Rego de Trabe.
O prazo de presentación de solicitudes de reserva (segundo os modelos ED550A e ED550Abis) comprende entre os días 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar solicitudes presencialmente no noso centro docente (en horario de Administración de 9:00 a 13:30 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
Solicitude segundo o Anexo I da Orde (ED550A)
-
Anexo I-bis (ED550Abis - Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)
- Documento acreditativo da representación: Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras, ou resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento (de ser o caso).
- Comprobación de datos. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos: DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, DNI/NIE da persoa representante.
A segunda parte do proceso é a de admisión de alumnado novo no noso centro.
O proceso de solicitude terá lugar entre o 1 e o 20 de marzo de 2023, ambos inclusive.
Serán utilizados os modelos ED550B e ED550B-bis para a solicitude.