A partir de hoxe, 16 de xaneiro, ata o 6 de febreiro, comeza o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. Tedes toda a información na páxina da Consellería, premendo AQUÍ. A primeira parte do proceso é a de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para o IES ao que estamos adscritos, no noso caso, o IES Rego de Trabe. O prazo de presentación de solicitudes de reserva (segundo os modelos ED550A e ED550Abis) comprende entre os días 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos inclusive. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar solicitudes presencialmente no noso centro docente (en horario de Administración de 9:00 a 13:30 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A segunda parte do proceso é a de admisión de alumnado novo no noso centro. O proceso de solicitude terá lugar entre o 1 e o 20 de marzo de 2023, ambos inclusive. Serán utilizados os modelos ED550B e ED550B-bis para a solicitude. |
|||