Proxecto de Vida Activa e Deportiva |
Este curso participamos por primeira vez, co alumnado de 1º e 2º de Primaria, en DAFIS (Datos sobre a valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade e axilidade-velocidade). Estos datos permítennos coñecer en qué estado físico se atopa cada alumno/a. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades. A continuación, presentamos algunhas das probas físicas que forman parte do protocolo:
|
|||
O noso centro continua promovendo a participación do noso alumnado en actividades físicas relacionadas cos xogos populares e os deportes tradicionais. Parte do noso alumnado, 3º 4º 5º e 6º de Primaria, está a desenvolver un Campionato de Tiro a corda no seu tempo de lecer. Fomentar o uso activo do tempo de lecer na escola e mellorar a competencia motriz do alumnado son obxectivos que forman parte do noso Proxecto de Vida activa e Deportiva.
|
|||
|
|||
No mes de novembro, o alumnado de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria comezou unha actividade baseada na MILLA diaria que consiste en percorrer esta distancia camiñando ou correndo ao aire libre. Así, buscamos mellorar principalmente o noso benestar físico e emocional. Ademáis, os días de chuvia preparamos un circuito no patio cuberto no que alternamos a carreira con actividades de trepa e iniciación á escalada. A milla escolar contribúe a mellorar a competencia motriz do noso alumnado, a crear hábitos de vida activa e saudable e a incrementar o tempo de práctica de actividade física de calidade durante a estadía da rapazada no noso centro. Parabéns polo voso esforzo!
|
|||
A finais de outubro recibimos a visita do “Hóckey Club Cambre”. O noso alumnado de 6º de Infantil e de 1º, 2º e 3º de Primaria participou nunhas xornadas de iniciación a este deporte guiadas por dúas adestradoras deste Club. Nestas sesións explicaron á rapazada en que consiste o hockey a patíns, o equipamento necesario para a práctica deste deporte e, finalmente, realizaron unha serie de xogos de familiarización cos sticks e as pelotas. Tamén, invitaron aos escolares a adestrarse con elas para probar. Moitas grazas pola vosa visita. Esta actividade vincúlase con obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como: - Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares. - Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma. - Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores. |
|||
Neste primeiro trimestre, gran parte do alumnado de Primaria está a desenvolver un Campionato de Pano no seu tempo de lecer. Por unha banda, compite o alumnado 3º e 4º de Primaria e, pola outra, os de 5º e 6º. Fomentar o uso activo do tempo de lecer na escola, establecer unha conexión entre os contidos impartidos na aula e as actividades complementarias e mellorar a competencia motriz do alumnado son algúns dos obxectivos que aparecen no noso Proxecto de Vida activa e Deportiva. |
|||
A semana pasada recibimos a visita do “Club de Balonmán Culleredo”. Todo o alumnado da etapa de educación primaria e parte de Infantil (5º e 6º EI) tivo a oportunidade de iniciarse neste deporte grazas aos adestradores Álex e Micky que fixeron unha presentación práctica e lúdica do seu deporte. Ademáis, explicaron o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento…) e invitaron aos escolares a compartir dúas semanas de adestramentos gratuitos con eles. Un ano máis, moitas GRAZAS POR VISITARNOS. Esta visita cumpre cos algúns dos obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como: - Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares. - Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma. - Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores. |
|||
Un dos obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) é crear hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida. Que mellor maneira de facelo que usando as bicicletas que temos no centro. Hoxe, 16 de outubro, o noso alumnado de 4º de infantil aproveitando unha climatoloxía favorable non o dubidou, puxéronse os cascos, colleron as bicis e saíron dar unha voltiña polo noso centro. Parabéns rapazada! |
|||