Coñecendo deportes BALONMÁN-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

A semana pasada recibimos a visita do “Club de Balonmán Culleredo”.

Todo o alumnado da etapa de educación primaria e parte de Infantil (5º e 6º EI) tivo a oportunidade de iniciarse neste deporte grazas aos adestradores Álex e Micky que fixeron unha presentación práctica e lúdica do seu deporte. Ademáis, explicaron o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento…) e invitaron aos escolares a compartir dúas semanas de adestramentos gratuitos con eles.

Un ano máis, moitas GRAZAS POR VISITARNOS.

Esta visita cumpre cos algúns dos obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como:

- Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares.

- Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma.

- Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores.

balonman