Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

VISITA DE PERE TOBARUELA

Esta semana o corredor do primeiro ciclo de primaria enchéronse de balón para recibir ó escritor PERE TABARUELA, autor de MARIÑA E O BALÓN.  Despois de conversar co alumnado de 1º de primaria asinoulles os seus libros. Moitas grazas pola visita. 

COÑECENDO OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

Unha honra contar no colexio con membros do Centro Coreográfico Galego para explicar distintos instrumentos tradicionais galegos. Unha actividade á que asistiu o alumnado de quinto de primaria.

SAÍDA AO PAZO DA ÓPERA

O alumnado de educación infantil asistiu ao concerto de Lydia Botana: DE AQUÍ PARA ALÁ COAS EMOCIÓNS. 

CONTACONTOS COA DRAGONA RAMONA

Dende o Concello de Culleredo, a Dragona Ramona veu visitar ao alumnado de educación infantil para levar a cabo a actividade do contacontos, dentro do programa de fomento da lectoescritura e do coñecemento das bibliotecas municipais.

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o DÍA DO LIBRO saímos ás rúas da nosa vila para compartir algunhas nosas lecturas favoritas. Con cada libro temos a oportunidade de comezar unha nova viaxe.

COÑECENDO AS NOSAS INSTITUCIÓNS

O alumnado de 5º de primaria visitou o CONCELLO DE CULLEREDO dentro da iniciativa organizada por este para que o alumnado coñeza esta institución.

A GAITA NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Dende o Centro Coreográfico Galego veu Juan Carlos Rilo Fraga para impartir a actividade “A gaita na música tradicional galega” para o alumnado de sexto de educación primaria. 

Ademáis de poñer audicións e traballar o ritmo con pitos, palmas, xeonllos... o mestre empregou tres cancións moi coñecidas para cantar mentres tocaba: A Carolina, O sacristán de Coimbra e a popular Rianxeira. Nesta última, foi acompañado por Mateo, para mostrar a diferenza de tocar coa frauta ou coa gaita.

Foi unha verdadeira honra contar coa súa sabedoría. Grazas.

SAÍDA: CASA DAS CIENCIAS

O alumnado de 3º realizou unha visita á Casa das Ciencias de A Coruña.

PROGRAMA PERROS Y LETRAS: EDUCACIÓN PARA O FOMENTO DA LECTOESCRITURA

Ao longo deste trimestre, o alumnado de 3º de primaria participará no programa PERROS Y LETRAS proposto desde o Concello de Culleredo para o fomento da lectura entre o alumnado.

SAÍDA AULA DA NATUREZA

O alumnado de 5º de primaria visitou a Aula da Natureza situada no Xardín Botánico Ría do Burgo para coñecer máis sobre as aves. Unha actividade moi interesante proposta desde o Concello de Culleredo.

Distribuir contido