No mes de novembro, o alumnado de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria comezou unha actividade baseada na MILLA diaria que consiste en percorrer esta distancia camiñando ou correndo ao aire libre. Así, buscamos mellorar principalmente o noso benestar físico e emocional. Ademáis, os días de chuvia preparamos un circuito no patio cuberto no que alternamos a carreira con actividades de trepa e iniciación á escalada. A milla escolar contribúe a mellorar a competencia motriz do noso alumnado, a crear hábitos de vida activa e saudable e a incrementar o tempo de práctica de actividade física de calidade durante a estadía da rapazada no noso centro. Parabéns polo voso esforzo!
|
|||
Para continuar crecendo en valores, hoxe traballamos con curtametraxes, contos,... que permiten abordar a discapacidade ou capacidades diversas das persoas protagonistas das mesmas. |
|||
O alumnado de 6º de primaria participou no PLENO MUNICIPAL INFANTIL, coñecendo as institucións de forma activa e participativa. Premendo na imaxe podedes ver algúns intres. Pode verse a gravación da sesión premendo neste ENLACE. |
|||
|
|||
A finais de outubro recibimos a visita do “Hóckey Club Cambre”. O noso alumnado de 6º de Infantil e de 1º, 2º e 3º de Primaria participou nunhas xornadas de iniciación a este deporte guiadas por dúas adestradoras deste Club. Nestas sesións explicaron á rapazada en que consiste o hockey a patíns, o equipamento necesario para a práctica deste deporte e, finalmente, realizaron unha serie de xogos de familiarización cos sticks e as pelotas. Tamén, invitaron aos escolares a adestrarse con elas para probar. Moitas grazas pola vosa visita. Esta actividade vincúlase con obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como: - Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares. - Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma. - Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores. |
|||
Neste primeiro trimestre, gran parte do alumnado de Primaria está a desenvolver un Campionato de Pano no seu tempo de lecer. Por unha banda, compite o alumnado 3º e 4º de Primaria e, pola outra, os de 5º e 6º. Fomentar o uso activo do tempo de lecer na escola, establecer unha conexión entre os contidos impartidos na aula e as actividades complementarias e mellorar a competencia motriz do alumnado son algúns dos obxectivos que aparecen no noso Proxecto de Vida activa e Deportiva. |
|||
Hoxe tocoulle a quenda ao alumnado de educación infantil para asistir á representación teatral KYOKI.
|
|||
|
|||
O alumnado da etapa de Educación Infantil despois de investigar na aula o outono desprazouse ata a área recreativa de Barreiros, en Arteixo, para experimentar todo o aprendido sobre esta estación.
|
|||
Hoxe, o alumnado de educación primaria, asistiu á representación teatral KYOKI.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »